![]() XORNAL GALEGO DE INFORMACIÓN XERAL
:::: EDICION DIXITAL Actualizado 09:26 |
|
|
cultura Lugo acolle a gran final do concurso musical Nsaio no Camiño 08
Actuarán os cinco finalistas desta II edición: Maryland, Som do Galpom, Telémaco, Sinefres e Loba Loo, acompañados pola banda latino-estadounidense Los Lobos
O grupo gañador terá como premio a gravación dun disco nun dos mellores estudios de España, ademais dun contrato cunha discográfica redacción
A delegada da Vicepresidencia en Lugo, Branca Rodríguez Pazos, e o xerente do Plan Xacobeo, Ignacio Eguíbar, presentaron hoxe en Lugo o concerto no que un xurado especializado escollerá ao gañador definitivo de Nsaio no Camiño. O conxunto gañador obterá como premio a gravación dun disco nun dos mellores estudios de gravación de España e asinará un contrato cunha discográfica a nivel estatal e un contrato de management. O traballo discográfico, ademais, será distribuído e promocionado no Estado por unha das entidades musicais máis importantes da península. No concerto actuarán os cinco grupos finalistas, un por cada estilo musical comprendido neste certame: Os vigueses Maryland (categoría pop) , Som do Galpom (mestizaxe) de Ames, os lucenses Telémaco (Novas tendencias) , Loba Loo (folk) , de Compostela, e Sinefres (rock) , de Boiro. Como broche de ouro desta final, actuarán Los Lobos, un conxunto latino-estadounidense que deu a coñecer a nivel internacional a mistura de rock, tex-mex, blues e música do norte de México. Con máis de 30 anos de carreira e unha vintena de traballos publicados, Los Lobos gañaron un premio Grammy. Nsaio no Camiño Nsaio no Camiño, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade en colaboración coa Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, ten coma obxectivo difundir a cultura musical galega e dar a coñecer a grupos noveis de Galiza. Este concurso convértese ademais nunha nova aposta da Vicepresidencia para fomentar o coñecemento dos músicos galegos, unha iniciativa que vén complementar a Rede Galega de Locais de Ensaio para darlle unha oportunidade ás bandas e aos artistas musicais do país. Espalla esta nova
|
|
|
NESTA SECCION :: ![]() |
|
![]() ©2007 - Optimizada para 1024x768
©2007 Xornal A PENEIRA |
|