
:::: EDICION DIXITAL
Actualizado 09:07
12 de febreiro
cultura
redacción

Momento no que se recoñece a zona
Catro asociacións da Memoria Histórica (Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas, Asociación Memoria Htórica 28 de Agosto de Cangas do Morrazo, Asociación pola Memoria Histórica do 36 de Vigo e a Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica del Bierzo) únense para abrir dúas fosas de represaliados no concello de Ponteareas. As tarefas de exhumación comenzarán o luns 3 de setembro ás 9,00 da mañán coa presenza dos familiares, de representantes das asociacións e unha equipa de especialistas (arqueólogos, forenses, psicólogos, voluntarios) vencellada á ARMH do Bierzo.
Trátase de dúas foxas que se atopan nos adros das igrexas das parroquias de Xinzo e de Areas. É a primeira vez que se realizan labores de exhumación en territorio eclesiástico. Tanto o Bispado de Tui-Vigo como as Delegacións de Sanidade e Patrimonio deron o visto bó ao inicio destes traballos.
A primeira das foxas, a da Areas, sitúase nun lateral da igrexa desa parroquia. Cinco porriñeses (Saturnino Vila Quiroga, Serafín Rodríguez, Manuel Pérez Vila, José Ramírez Vila e José Rodríguez Carrera) foron asasinados preto dese lugar, no Porto de Outeiro, na estrada de Gulans, o 29 de decembro de 1936, nunha saca que implicou realmente a un total de oito veciños de Porriño. Sen embargo, a dous deles os falanxistas decidiron asasinalos un pouco máis adiante, en Fozara, e outro que conseguiu fuxir, gravemente ferido, foi morrer nun punto da parroquia de Oleiros, no concello de Salvaterra do Miño.
A foxa de Xinzo ubícase na parte traseira da igrexa desa parroquia. Alí foron enterrados un grupo de oito pontevedreses: cinco veciños de Vigo (Manuel Cividanes, Manuel Álvarez Pereira, Manuel Enrique Quintas Figueroa, Serafín Chaves Vispo e Perfecto Méndez Pastoriza) e al menos dous da bisbarra do Morrazo (Clemente Calvar Solla e Ángel Rodal Blanco), tras ser asasinados nas voltas do Pinal do Foxo, na antiga estrada que baixa do Confurco, un lugar da memoria negra da bisbarra.
Os labores de exhumación alongaranse previsiblemente ó longo de toda a semana.
Ángel Rodríguez Gallardo
Presidente da Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas
625403870
Anton Fernández Escuredo
Secretario da Asociación Memoria Histórica do36 de Ponteareas
647620407
NESTA SECCION ::


©2007 - Optimizada para 1024x768
©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986