
:::: EDICION DIXITAL
Actualizado 09:07
12 de febreiro
cultura
redacción

Portada do blog denunciado
Alfredo González Ruibal membro da asociación Verbo Xido e pertencente a unha coñecida familia de Soutelo De Montes, profesor da Universidad Complutense de Madrid e arqueólogo de recoñecido prestixio internacional, recibiu no pasado mes de xullo unha nova demanda de conciliación por parte da familia de Manuel Gutiérrez Torres, ex alcalde franquista de Cerdedo e antigo xefe local da Falange, unha vez máis por atentar, supostamente, contra a honra do devandito.
A razón esgrimida para unha medida tan extrema, é a mesma que orixinou o enxuizamento do historiador Dionísio Pereira: citar a Manuel Gutiérrez Torres como “presuntamente” relacionado coa represión franquista nesta bisbarra.
Desde “Verbo Xido” consideran este recurso aos Tribunais "como unha tentativa máis de intimidar a tódalas persoas debruzadas na investigación da nosa historia recente, para coñecer a verdade duns feitos terribles que nos foron ocultados durante setenta anos".
A denuncia póñena polo que sae nesta páxina web
http://humanitieslab.stanford.edu/GonzalezRuibal/1144
que é parte da páxina persoal do denunciado, Alfredo González Ruibal,
investigador de prestixio que neste momento traballa na Stanford
University.
NESTA SECCION ::


©2007 - Optimizada para 1024x768
©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986