
:::: EDICION DIXITAL
Actualizado 09:07
12 de febreiro
cultura
redacción

Euskadi, Catalunya e Galiza
Joan Manuel Tresserras, Miren Azkarate e Ánxela Bugallo anunciaron un marco de colaboración estable en materia de política cultural, que ten como obxectivos desenvolver programas comúns a partir de plans anuais, intercambiar información en materia de comunicación e estudo da realidade cultural (seguimento da evolución sociocultural, indicadores culturais e de política cultural, experiencias e metodoloxías varias, ademais da coordinación dos respectivos observatorios da cultura de cada país).
Para a consecución destes obxectivos os tres gobernos asinarán por primeira vez para o ano 2008 un convenio de colaboración. Este convenio recollerá un Plan de actuación anual que concretará as actuacións derivadas desta colaboración.
A vontade é que a través deste convenio e as sucesivas renovacións se consolide un marco de traballo conxunto que permita o aproveitamento mutuo da experiencia en política cultural de cada un dos tres países e desenvolva novos ámbitos de colaboración.
Circuítos culturais conxuntos
Os tres gobernos crearán un plan de traballo anual que incluirá circuítos culturais conxuntos, cooperación en materia de observatorios culturais, proxección internacional e en marcos lexislativos.
NESTA SECCION ::


©2007 - Optimizada para 1024x768
©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986