![]() XORNAL GALEGO DE INFORMACIÓN XERAL
:::: EDICION DIXITAL Actualizado |
|
|
cultura O congreso dá luz verde á proposición do BNG para que o goberno presente, xunto con Portugal, as tradicións orais galego-portuguesas como candidata á Unesco
Rodríguez subliñou que “agora temos un periodo até agosto de 2008 para lograr que esta candidatura poida ser incluida na programación do 2009 da Unesco”
redacción
A Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados deu luz verde á proposición do portavoz do BNG, Francisco Rodríguez, para que o Goberno presente, conxuntamente con Portugal e dacordo coa Xunta, as Tradicións Orais Galego-Portuguesas como candidata a Patrimonio Inmaterial da UNESCO. En aras ao acordo unánime, o deputado do BNG aceitou transaccionar un texto co grupo socialista posto que non modificaba o plantexado polo BNG, que permanece inalterábel, e só engade un texto complementar. Francisco Rodríguez subliñou que temos un periodo até agosto de 2008 para lograr que esta candidatura poida ser incluida na programación da Unesco do 2009. “Ábrese un prazo temporal para lograr o obxectivo que perseguimos”. Ademais, puntualizou, sería “importante que fose presentada conxuntamente polo Estado español e o portugués”. Lembrou que xa no Congreso se aprobara unha proposición non de lei do BNG neste sentido pero “cando o Consello de Patrimonio Histórico-Artístico español se reuniu en Cartaxena en outubro pasado as escollidas foron outras”. Reforzar o coñecemento mutuo dos dous pobos situados a ambos lados do Miño De novo, sinalou Rodríguez, “presentamos esta proposta para que se presente conxuntamente co Estado portugués e con acordo da Xunta. Sen esquecer a colaboración do amplo movemento social que existe detrás desta candidatura porque poucas iniciativas teñen un movemento popular de base tan importante como esta”. Puxo de manifesto a relevancia das tradicións orais galego-portuguesas: “hai usos técnicos, saberes ancestrais, festas, espectáculos que se expresan nestas tradicións orais. É un recoñecemento decisivo para o coñecemento mutuo de dous pobos situados a ambos lados do río Miño que se debería reforzar e impulsar”.Espalla esta nova
|
|
|
NESTA SECCION :: ![]() |
|
![]() ©2007 - Optimizada para 1024x768
©2007 Xornal A PENEIRA |
|