Actualizado ás 09:15
14 de maio do 2008

COMARCAS

Ponte...nas ondas! e a Morraceira organizan a XIV Edición de Ponte...nas ondas!

Redacción



Fragmento do cartaz do certame

Ponte...nas ondas! e a Morraceira organizan a XIV Edición de Ponte...nas ondas! que se celebrará o 6 de xuño e o Festival de cinema Filminho que decorrerá entre o 22 e o 27 de xullo.

As dúas asociacións galego-portuguesas comprometidas coa construcción da Eurorrexión convocan o Certame Audiovisual-Conta onde vives! para contribuir a unha reflexión sobre a identidade e o territorio como espazo onde se desenvolve e conforma a cultura galego-portuguesa.

Xeito de participar
Fai unha gravación en vídeo do lugar onde vives, unha reportaxe, unha crónica, unha denuncia, unha exaltación das excelencias, un canto á túa "leira", unha viaxe, un encontro, unha descuberta... de calquera cousa que penses que sexa interesante. Escolle a forma máis orixinal de contar para o mundo como é o teu paraíso ou o teu inferno...

Pódese presentar de xeito individual ou colectivo, un ou varios traballos por participante.
As gravacións teñen un tempo limitado de até 5 minutos.

Os vídeos pódense presentar subíndoos ao YouTube e enviando o enlace a: pontenasondas@pontenasondas.org ou tamén facendo chegar o arquivo en calquera soporte a algún destes enderezos:A Morraceira- Lugar de Segerem 4920-070 Loivo- Vilanova de Cerveira.
Oficina Xuvenil Transfronteiriza - Rúa Sanz 28 - 36700 Tui.

Premios colectivos:
1º Premio: Realización dunha curtametraxe co colectivo coa producción do Filminho.
2º Premio: Colección de cinema galego.
3º Premio: 1 Cámara de fotos dixital.

Premios individuais:
1º Premio: 1 cámara de vídeo dixital.
2º Premio: Colección de cinema galego.
3º Premio: 1 cámara de fotos dixital.

O Prazo remata o 17 de maio de 2008. Os vídeos presentados emitiranse na XIV edición de Ponte...nas ondas! o 6 de xuño. Realizarase ademais unha exhibición dos gañadores no Festival de Cinema Galego-Portugués Filminho.

Volver ao índice

Espalla esta nova
Documento sin título

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986