Actualizado
Xullo do 2008

COMARCAS

O Concello de Arzúa servirá comida a domicilio a 16 persoas maiores

Redacción

O Concello de arzúa amosa novamente o seu carácter pioneiro en materia de servizos sociais. Será o primeiro Concello da Comarca en poñer en marcha de forma experimental un servizo de comedor a domicilio para persoas maiores, tanto se viven no casco urbano como nas parroquias. Trátase dunha experiencia piloto que xestionará o Concello despois de ter recibido unha aportación de 3.000 euros de Vicepresidencia.

Serán os profesionais de Servizos Sociais do Concello os que se encarguen de seleccionar aos usuarios deste servizo, que segundo confirmou o Alcalde, Xaquín García, "será gratis dende o día 15 de decembro e ata o vindeiro 15 de febreiro". O proxecto, denominado “Comedor sobre rodas”, garda similitudes co que promove Vicepresidencia aínda que neste caso será o Concello o responsable da súa xestión. O Alcalde de Arzúa confía no éxito desta experiencia que comezará a funcionar a partir do día 15 do presente mes.

Dende o Concello terán en conta a demanda do servizo, xa que a intención do goberno local é intentar continuar co mesmo ó longo do vindeiro ano, para o que será preciso elaborar unha ordenanza que regule o servizo, estudiar o custe que éste suporía aos usuarios e analizar a posible adhesión aos programas da Xunta. A responsable do Departamento de Servizos Sociais, Aurora Varela, destacou a iniciativa do Concello á hora de emprender iniciativas de carácter social.

Espalla esta nova
Documento sin título

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986