O Ministerio de Administracións Públicas aprobou o financiamento de 681 novos proxectos -presentados por 162 concellos de toda España- correspondentes ao Fondo de Investimento Local, entre os que figuran un total de 16 correspondentes á provincia de Ourense, por un importe superior a seis millóns de euros.
Parece que, a pesar das ameazas de socialistas e nacionalistas de romper o pacto antitransfuguismo, o PP non impedirá que en Mos se conforme un novo goberno froito da moción de censura que veñen de presentar os oito concelleiros do PP e o ata fai dous meses socialista- agora non adscrito- Gerardo Alonso. Se a moción prospera, os populares derrocarán ao actual goberno bipartito de Mos, formado por PSOE e BNG.
Os representantes dos sindicatos CIG, CC.OO e UGT e os empresarios do transporte de Pontevedra acordaron aprazar ata o mércores 30 de abril, a partir das 17.00 horas, a negociación dos aspectos máis substanciais do convenio colectivo para tratar de evitar unha folga indefinida que comezaría o próximo 5 de maio.
Breves
Coñece o territorio.A identidade da Eurorrexión
Ponte...nas ondas! realiza durante estes días e até o mes de xuño as visitas destinadas a centros educativos para coñecer o territorio. Estas visitas están contan coa colaboración do Proxectoterra que ten programadas diversos roteiros didácticos. Con motivo da XIV edición de Ponte...nas ondas! as visitas tamén se estenderon ao Norte de Portugal, de tal forma que os centros galegos teñen a posiblidade de visitar a vila de Melgaço, a nova visita que incorpora o Proxectoterra.