Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Actualizado 09:07
12 de febreiro

cidades

Máis de tres mil persoas na manifestación para solicitar o indulto para os tres de O Eixo
Galería fotográfica da manifestación




Momento da manifestación

redacción

Máis de 3.000 de persoas -10.000 segundo a organización, 400 segundo a Policía Local- manifestáronse en Santiago para pedir o indulto para os tres veciños da parroquia compostelá de O Eixo que ingresaron o pasado 30 de outubro en prisión por un delito de agresión a un axente policial fai nove anos durante unha acto convocado para reclamar maior seguridade vial.

A concentración desenvolveuse nun ambiente festivo no que participaron as asociacións de veciños de Castiñeiriño, As Cancelas, Sar, Marrozos e As Brañas de San Andrés, así como a Federación de Asociacións de Veciños de Pontevedra, numerosos grupos de gaiteiros e representantes do concello de Santiago.

Así mesmo, á convocatoria sumáronse a través dun comunicado as Federacións Provinciais de Asociacións de Veciños de Lugo, Vigo e A Coruña, así como os concellos de Brión, Arzúa, Padrón, Vedra, Teo e Santiago, entre outros, e o Parlamento de Galicia. Baixo o lema 'Indulto Xa, Cárcere Non', que encabezaba a manifestación, as asistentes portaron pancartas nas que se podía ler 'Nadal na casa' e 'Liberdade para os 3 de O Eixo' e corearon consignas como 'Simón, Pepe e Suso, liberdade' e 'Non, non, non, inocentes a prisión'.

Manifesto Ao cabo da concentración, na Praza da Quintana, a escritora Teresa Moure leu un manifesto no que resaltou que as tres veciños "non están sos", xa que "cada noite, cando entran no cárcere, todos os veciños entran con eles". Neste sentido, a escritora criticou que o indulto "sexa un agasallo" e que "un problema local pase a ser un problema de Estado". "Todos somos os de O Eixo --declarou Moure-- e seguimos esperando ese indulto". Así mesmo, sentenciou que "a lei non é boa se se dedica a pugnar aos cidadáns por participar na vida pública" xa que, reiterou, "non é delito disentir".

Espalla esta nova
Documento sin título

NESTA SECCION ::

Máis de tres mil persoas na manifestación para solicitar o indulto para os tres de O Eixo
O Iberojazz 2008 repasará os 60 anos da historia do jazz na península
Eisenman asume a "responsabilidade artística" pero afirma que os cambios de tamaño da Cidade da Cultura foron decisión da Xunta
Táboas presentou o proxecto gañador para a rehabilitación do Pazo de Dona Urraca en Lugo

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986