Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Actualizado 09:07
12 de febreiro

cidades

Eisenman asume a "responsabilidade artística" pero afirma que os cambios de tamaño da Cidade da Cultura foron decisión da Xunta




Peter Eisenman

redacción

Peter Eisenmanm, o arquitecto que dirixe as obras da Cidade da Cultura, asegurou no Parlamento que os cambios de tamaño e orzamento do proxecto foron decisión da anterior Xunta de Galiza. "Eu asumo a responsabilidade artística e son a capitán do barco, pero non marco o prezo dos billetes", manifestou.

O arquitecto norteamericano ideou un proxecto de 55.000 metros cadrados para a monte Gaiás, que se ampliou a 140.000 polas peticións do Goberno de Manuel Fraga, aínda que asegura que nunca tivo "un cheque en branco" para levar as obras a onde el quixese.

"Eu podo facer unha casa, pero se o cliente quere o garaxe máis grande, teño que respectar as súas decisións sempre que o proxecto artístico se manteña", afirmou Eisenman.

O autor norteamericano aseverou que tanto Jesús Pérez Varela como agora Ánxela Bugallo son representantes dun cliente "moi estrito" e dixo que non considera a Cidade da Cultura un proxecto "grande para Galiza". "Espero que dentro de 25 anos fálese do efecto Gaiás na atracción do turismo", apuntou durante a súa intervención na comisión de investigación sobre o complexo.

Eisenman si recoñeceu que, nas bases do proxecto, a Xunta de Manuel Fraga incidía na súa intención de "crear a eternidade, que a obra pasase ás próximas xeracións como o reflexo da Galiza do novo milenio". Segundo Eisenman, "eu teño que respectar as decisións do cliente público".

"Estas cuestións acontecen", manifestou en referencia aos cambios con respecto á idea inicial e ás decisións da Xunta de ampliar a superficie ou de incluír un aparcamento e outras infraestruturas. Eisenman asegurou que informou en todo momento ao Goberno de que as modificacións no proxecto supoñerían incrementos presupostarios, "pero non os honorarios do arquitecto, fixados a partir do primeiro momento e que non se moveron".

"O cliente é duro e estrito, antes e agora, e os cambios para facer co novo Goberno un centro de arte internacional ou un museo para os nenos parécenme razoables, porque a integridade do proxecto se mantén", manifestou.

Espalla esta nova
Documento sin título

NESTA SECCION ::

Máis de tres mil persoas na manifestación para solicitar o indulto para os tres de O Eixo
O Iberojazz 2008 repasará os 60 anos da historia do jazz na península
Eisenman asume a "responsabilidade artística" pero afirma que os cambios de tamaño da Cidade da Cultura foron decisión da Xunta
Táboas presentou o proxecto gañador para a rehabilitación do Pazo de Dona Urraca en Lugo

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986