Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Actualizado 09:07
12 de febreiro

cidades

Violenta carga policial contra colectivos ecoloxistas en Toraia

redacción




Momentos do acto en Toraia

Na tarde do sábado 8 de setembro celebrouse, tal como estaba programado, un acto lúdico e pacífico en reivindicación do uso e disfrute público da Illa de Toraia, organizado polo colectivo vigués Xogo Descuberto.

Neste acto, solicitábase os seis metros de linde ao redor da illa para uso común, que ven descrito na vixente lei de costas do ano 1988; tamén denunciar o impacto ambiental e visual da torre de Toraia e outras construccions. Participaron ao redor de 300 persoas, entre "piratas", músicos, bañistas, nenos e maiores que de xeito simbólico tomaron a illa.

Lido o comunicado, recolléronse as faixas e rematou a concentración, entrando na illa dando un paseo pola vía publica. Nese momento tres furgóns antidisturbios irrumpiron entre os paseantes, con actitudes violentas, porras en man, empurróns e outras agresións, ofrecendo unha pésima imaxe aos nenos e nenas asistentes. “O máis significativo e lamentable é que a maioria das agresións se produciron no intre en que a xente abandoaba tranquilamente a illa coma a sufrida por un cámara e outros transeuntes”, sinalan os organizadores.

As agrupacións Xogo Descuberto, A.C. A Revolta, A.C. Caleidoskopio, A.X. Luar, Bouzas-movete, G.A.S, Salvemos Monteferro e Verdegaia remitiron un escrito de protesta denunciando a actitude abusiva e sobre todo provocadora das forzas de seguridade do Estado.

Espalla esta nova
Documento sin título

NESTA SECCION ::

Máis de tres mil persoas na manifestación para solicitar o indulto para os tres de O Eixo
O Iberojazz 2008 repasará os 60 anos da historia do jazz na península
Eisenman asume a "responsabilidade artística" pero afirma que os cambios de tamaño da Cidade da Cultura foron decisión da Xunta
Táboas presentou o proxecto gañador para a rehabilitación do Pazo de Dona Urraca en Lugo

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986