Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Actualizado 09:07
12 de febreiro

cidades



Compostela énchese de propostas musicais, teatrais e cinematográficas
A concelleira de Cultura, Elvira Cienfuegos, e a subdirectora do Auditorio de Galicia, Silvia Modia, presentaron a programación cultural para o primeiro mes do ano. Entre o máis salientable recóllese a actuación, no Auditorio de Galicia, da agrupación senegalesa Orchestra Baobab, o vindeiro día 31 de xaneiro, concerto que dará o pistoletazo de saída á sexta edición de Sons da Diversidade.

A área de sanidade da Deputación de Lugo saca adiante o contrato para obras no San Rafael
A área de Sanidade da Deputación Provincial, que dirixe a Deputada Nacionalista Mª Xosé Vega Buján, tramitou o expediente de obras, visado polo Colexio de Arquitectos de Lugo, para reformar distintas partes do Hospital de San Rafael de Castro Ribeiras de Lea que teñen como obxectivo dignificar a estancia dos pacientes así como as condicións de traballo dos traballadores e traballadoras das instalacións.
A Xunta dá o "pistoletazo de saída" ao Complexo Hospitalario Montecelo (Pontevedra) ao permitir o inicio de expropiacións e licitacións
O Consello da Xunta deu o "pistoletazo de saída", segundo afirmou o presidente, Emilio Pérez Touriño, á construción do novo Complexo Hospitalario de Montecelo (Pontevedra), ao aprobar de forma definitiva o proxecto sectorial de incidencia municipal para este centro.
Haberá servizos mínimos de limpeza na Universidade de Vigo
A Consellería de Presidencia, atendendo á solicitude realizada pola Universidade de Vigo, acordou establecer uns servizos mínimos de limpeza nun 50% dos efectivos que habitualmente desenvolven o seu traballo no campus de Pontevedra e Vigo. Os traballos empezarán “nas próximas horas”.


Breves
A Marcha Mundial das Mulleres congrega a máis de 2.000 persoas en Vigo "para cambiar o mundo"
Máis de 2.000 persoas manifestáronse en Vigo con motivo do VII Encontro Internacional da Marcha Mundial dás Mulleres, baixo o lema "Marcha con nós para cambiar o mundo", nun acto reivindicativo no que participaron delegadas da Marcha Mundial chegadas de case medio centenar de países do mundo.
O Plan Xeral de Vigo entra en vigor e prevé un volume económico de 2.500 millóns de euros
O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vigo entra en vigor e suporá un volume económico de 2.500 millóns de euros. Así explicouno o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que se congratulou da posta en marcha do documento urbanístico.

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986