Actualizado ás 10:40
09 de maio do 2008

a diada

A Diada Nacional de Catalunya




Concentración en Barcelona

Redacción


A “Diada” catalana, o día nacional de Catalunya, sempre contou coa presenza activa de galegos emigrantes e de representantes de formacións políticas de Galiza. Desde os anos noventa coa aparición de novas entidades con novos intereses (difusión da nosa cultura a través de medios de comunicación, da actividade teatral ou musical, ou da edición de publicacións especializadas) a participación foi en aumento. Tamén a mesma festa reivindicativa, centrada en cáseque todos os seus actos na cidade de Barcelona, evolucionou facilitando a integración doutras culturas.

Nos últimos anos, coa “Mostra d´entitats de Catalunya” que se realiza na alameda do Arc del Triomf, os diferentes colectivos sociais aproveitan para dar a coñecer as súas actividades. É o caso do Foro Cívico Galego de Barcelona que presentará hoxe ás 18 horas o número 3 da publicación reNOVA GALIza nunha carpa central dedicada á presentación de libros e revistas. Esta mesma asociación, xunto a outras como ERGAC (Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya) e Furafollas Agrupación Teatral, terán un stand dentro do colectivo denominado “Rede.Cat”.

Participación política

Nos diferentes actos políticos do 11 de setembro participan, como cada ano, representacións galegas. Por parte do BNG asistirán Olaia Fernández, deputada no Parlamento do Estado, en resposta ao convite de CiU. Tamén está na capital catalana Rosana Pérez, responsable do exterior da executiva da formación nacionalista, que estará presente nos actos de ERC. Tamén haberá presenza galega e comunicados de NÓS-UP, e outros partidos na manifestación unitaria do independentismo catalán das formacións Endavant (OSAN), CAJEI e Maulets.

Espalla esta nova

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986