![]() XORNAL GALEGO DE INFORMACIÓN XERAL
:::: EDICION DIXITAL Actualizado |
|
|
corpus ´07 As palilleiras expoñen os seus traballos
O xoves día 7 de xuño con motivo do Corpus Christi inaugurouse a exposición das palilleiras do Centro Artístico Sportivo que permanecerá aberta ata o día 12 de xuño.
Nesta exposición que se realizará na Biblioteca Municipal de Ponteareas exporán os seus traballos máis de 40 palilleiras. Detras da asociación “O punto da Palilleira” está Ana Loli, coñecida en toda a comarca por ser a persoa que máis coñecementos posúe en materia de encaixe de bolillos. Dende ben pequena comezou a aprender e a dominar este tipo de traballo pero foi no 96 cando obtivo a súa carta de artesana palilleira na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Dende entón no parou de facer cursos, asistir a congresos e exposicións. Os meses de xullo, agosto e setembro adícase a percorrer toda a península visitando museos, coleccións e asistindo a cursos. por toda España. Imparte clases no Sportivo, na Biblioteca de Ponteareas, nas Neves, en Mondariz, en Balneario, Salvaterra e Porriño. Nas súas clases traballan o encaixe clásico español, o de Camariñas, o encaixe ruso, flores de bruxas, Milán, encaixe de Peniche, blonda, encaixe Duquesa que é o máis complicado porque se fai con sede moi fina. Ana Loli asegura que facer encaixe engancha e que case ninguén abandona esta práctica unha vez que a coñece. “Calquera que teña un pouco de paciencia, concentración e gañas de crear pode facer encaixe de bolillos”, explica esta artesana palilleira. Espalla esta nova
|
|
![]() ©2007 - Optimizada para 1024x768
©2007 Xornal A PENEIRA |
|