Actualizado 10:15
5 de setembro

corpus ´07

Ademais de arte, un atractivo turístico
É máis que evidente que o Corpus Christi é un evento turístico. Basta lembrar qfue está declarada como festa de Interese Turístico Nacional.

REDACCIÓN



Unha das alfombras do ano 2006

E isto non é un feito recente,xa que atopamos o primeiro recoñecemento turístico importante na década dos sesenta.

E seguirá sendo un elemento a considerar nun futuro, como o amosa a actual pretensión de conseguir a declaración de Interese Turístico Internacional.

Pero, ¿para que preocuparse polos aspectos turísticos? As alfombras sempre serán o elemento principal do Corpus, sin elas a nosa festa sencillamente non tería razón de ser. Pero o turismo non é preocuparse polos turistas, o turismo pode ser tamén beneficioso para todos nós, en primeiro lugar paa o sector do comercio, pero ao final da cadea, e dunha ou outra forma, os seus beneficios chegarán a todos.

En palabras de Manuel Lage Gómez, técnico de turismo, “O Corpus ten o atractivo suficiente per se como para que non sexa necesario desvirtuar a nosa tradición. Cunha festa como o noso Corpus Christi, Ponteareas non pode ser allea ao auxse que está experimentando o turismo cultural.

Si antes nos aferramos á nosa tradición metnras outras inventaban festas gastronómicas, agora que o turismo comeza a fixar a súa atención noutros aspectos culturais e na celebración deste tipo de eventos, parece o máis lóxico que amosemos o que temos. sin a necesidade de inventar nada novo, simplemente facernos visibles dentro da oferta que se lle presenta ao turismo. Agora ben para aproveitar este aspecto turístico será necesario realizar unha planificación estratéxica, cun horizonte a medio prazo, que persiga uns obxectivos predefinidos. Ambiciosos sí pero tamén alcanzables”.

Espalla esta nova

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986