[Portada A PENEIRA nº 436]

 Portada
.
 De fio a fondo
 Opinión
 Galiza
 Cidades
 Comarcas
 Alén Minho
 Lingua e educación
 Economía
 Cultura 
 Deportes
.
 Entrevistas
 Galería Fotográfica
 Hemeroteca [PDF]
.
 Staff

Economía

Entrevista: Raúl Romeva

Comarcas

Medio rural asinará un pacto cos titulares das explotacións agrarias

‘A Paz é moito máis ca ausencia da violencia’

Os noieses rexeitan o trazado da variante


GALIZA

Case medio millón de galegos no exterior poderán votar nas municipais do vindeiro mes de maio

Os galegos incluídos no Censo Español de Residentes Ausentes (CERA) chegarán ao medio millón de persoas coa reforma
prevista do Código Civil para ampliar a nacionalidade aos netos das emigrantes. Esta modificación, contemplada no
Estatuto do Cidadán Español no Exterior, elevaría o censo actual,duns 316.000 emigrantes galegos con dereito a voto, ata
"practicamente os 500.000", segundo asegurou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño no Parlamento.


DE FIO A FONDO

Galiza e Norte de Portugal impulsarán a creación do Parque Internacional Xurés-Gerês

A Comunidade de Traballo Galiza-Norte de Portugal acordou na súa reunión plenaria, celebrada na localidade portuguesa de Guimarães, impulsar a posible creación do Parque Internacional de Xurés-Gerês, para o que tamén solicitarán o recoñecemento como reserva internacional da biosfera por parte da Unesco. Neste sentido, ambas rexións presentarán unha candidatura conxunta no 2008.

 


CIDADES GALIZA

O BNG inicia a súa campaña reuníndose con comerciantes e asociacións veciñais

O Bloque Nacionalista Galego leva a campaña á Praza de Abastos. O portavoz municipal da formación frentista e candidato á alcaldía de Santiago,Néstor Rego, visitou o recinto acompañado polos membros da súa candidatura Elvira Cienfuegos, Xosé Manuel Iglesias,Socorro García, Olga Pedreira e Modesto Toribio.

A Lei do Traballo en Igualdade das mulleres entra en vigor o 3 de maio

A Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia entrará en vigor o vindeiro día 3 de maio,agás as melloras dos dereitos do persoal da Administración, que xa estrou en vigor o 14 de abril. O Diario Oficial de Galicia publicou xa este ambicioso texto legal, que ten por obxectivo conseguir que as traballadoras teñan as mesmas oportunidades que os seus compañeiros masculinos de forma real e efectiva.
 
 


COMARCAS

Quintana proclama que a provincia de Lugo se situará ‘á cabeza da educación infantil do Estado’

O vicepresidente da Xunta,Anxo Quintana, proclamou que Lugo se situará "á cabeza da educación infantil do Estado" coa
posta en marcha de 21 Galescolas,que contará cun investimento total de 4,8 millóns de euros.
Así o manifestou o titular deste departamento durante a súa visita á nova Galescola da localidade lucense de Pantón, na que estivo acompañado pola secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, e que ofertará 20 prazas para nenos de entre cero e tres anos.


DEPORTES

O derbi caiu do lado vigués

Ao estadio de Balaídos asistiron perto de 24.198 espectadores segundo datos facilitados polo club vigués. Baiano marcou
o tanto da victoria dun equipo xeneroso e centrado en atacar. O Celta foi superior ao Deportivo e levouse os tres puntos
sobre todo porque tivo moitas máis ganas de gañar que os coruñeses aquí foi onde se apreciou o carácter do búlgaro que dotou ao equipo de maior velocidade e non renuncio ao ataque a pesar de ir por diante no marcador, algo habitual nas últimas tempadas.

 

[Kalaikia - Suplemento Cultural de A PENEIRA]

[A Peneira do CONDADO / PARADANTA]
[A Peneira da LOURIÑA]
Publicidade
 
[Por un dominio GALEGO]
[Apoiamos a Isaac Diaz Pardo]
[A PENEIRA - Premio da Crítica Galicia '06 - Iniciativas Culturais]
 

 

©2007 -Actualizada 02/04/07 - Optimizada para 1024x768
 ©2007 Xornal A PENEIRA - Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986