Premio da Crítica de Galicia

A Peneira recibe o Premio da Crítica de Galicia no apartado de Iniciativas Culturais


Vintedous anos atrás, cando A PENEIRA botou a andar, ninguén podía presaxiar que un día o seu labor en defensa do galego sería recoñecido cun galardón da relevancia dos Premios da Crítica de Galicia. O pasado día 27, na vila termal de Mondariz Balneario, o xornal recolleu esta distinción en compañía dos demais galardoados.

Redacción/MONDARIZ-BALNEARIO
Entre os premiados que acompañaron ao xornal A PENEIRA na recepción do galardón estaban a escritora Teresa Moure, que actuou de voceira de todos os premiados, o tamén escritor Xavier Alcalá, o investigador Xosé Ramón Freixeiro Mato, o técnico de son Pabro Barreiro Rivas, o proxecto de danza En pé de pedra, e mailo Galego egrexio deste ano, título que recaeu na persoa do político Xosé Manuel Beiras Torrado.Xosé Manuel Beiras pasando xunto a Cecilia Fernández.

   O momento máis emocionante foi, como todos os anos, a
   entrega da distinción do galardón de Galego egrexio.

A solemne entrega de premios contou, ademais, coa presencia de numerosos invitados de excepción, que quixeron agasallar coa súa presenza aos galardoados. Unha nutrida e diversa representación dos distintos eidos da sociedade galega, dende o da política, coa presenza ca conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, a de Pesca, Carmen Gallego, ou a secretaria xeral de Política Longüística, Marisol López, ata o da cultura, co fotógrafo Xurxo Lobato ou o editor Víctor Freixanes, así como xente do mundo da empresa, o deporte, o cine, e un longuísimo etcétera que sería excesivamente pesado detallar.
O momento máis emocionante foi, como todos os anos, a entrega da distinción do galardón de Galego egrexio. O tamén político e politólogo Xosé Manuel Barreiro realizou unha semblanza do premiado na que resaltou diversos aspectos da súa dilatada traxectoria política e da súa personalidade, semblanza que foi agradecida con posterioridade polo propio Beiras, nun discurso improvisado no que lembrou os seus anos de mozo e a influencia que a familia tivo no seu desenvolvemento persoal e políticico, para logo facer unha breve semblanza da Galiza que imaxina e desexa.
Logo da entrega dos galardóns, consistentes nunha figura de Sargadelos, tivo lugar a tradicional cea.

Premios da Crítica-Galicia Iniciativas Culturais 1978-2006

1978_ Museo do Pobo Galego
1979_ Seminario de Estudos Galegos
1980_ Escola Aberta
1981_ Grupo Atlántica
1982_ Concello de Redondela
1983_ Antón Santamarina
1984_ Preescolar na Casa
1985_ Asociación de Funcionarios N.L. Galicia
1986_ Cantareliña
1987_ Nova Escola Galega
1988_ Revista Grial
1989_ Cadernos da Escola Dramática Galega
1990_ Xulgado do Social nº 2 de Pontevedra
1991_ Xosé Luís Blanco Campaña
1992_ El Correo Gallego
1993_ Empresa Castromil
1994_ Dorotea Bárcena
1995_ O Correo Galego
1996_ Asociación Irimia
1997_ Vieiros
1998_ Revista Bravú
1999_ Concello de Allariz
2000_ Semana de Filosofía de Pontevedra
2001_ Antón Reixa
2002_ Pobos do Couto Mixto
2003_ Biblioteca 120 La Voz de Galicia
2004_ Fundación Pedrón de Ouro
2005_ Museo da Limia
2006_ A Peneira
 

enpoucaspalabras

A Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, xunto a o director de A PENEIRA.

Victor F. Freixanes, Director Xeral da editorial Galaxia, xunto a Guillermo Rodríguez.

Xosé Lúis Barreiro Rivas de tertúlia co director de A PENEIRA
  Nas mesas atopábanse os membros do xurado, os galardoados e convidados á gala.     Outra vista xeral da cea de entrega dos Premios Galicia 2006 celebrada o pasado 20 de maio no Hotel de Mondariz Balneario  
  Manuel Sendín, primeiro redactor de A PENEIRA, xunto a Guillermo Rodríguez, director do xornal.

Actual equipo de A PENEIRA. De esquerda a dereita Xangui Rodríguez, Diego Giráldez, Guillermo Rodríguez, Antón F. Escuredo e Manrique Fernández.

A escritora Teresa Moure falou en nome de todos os galardoados