ENTREVISTAS

A Paz é moito máis ca ausencia de violencia’


É o coordinador de investigación da Cátedra da Unesco sobre Paz e Dereitos Humáns, é profesor da Escola de Cultura e Paz, profesor de relacións internacionais na Autónoma de Barcelona, investigador e, sobre todo, un loitador pola paz. Agora analiza de preto para A Peneira, a nova lei do comercio de armas. Un proxecto, segundo Raúl Romeva, pouco ambicioso.


“Aquí todo é imaxinación, o que conta non é gañar senón pasalo ben”


“Casco Vello-Libredón” é unha asociación que naceu en Compostela en Xuño do ano pasado. Entre os seus obxectivos principais ten a promoción de actividades culturais e de tempo libre ligadas aos xogos de rol e de estratexia, aínda que tamén aos relacionados coa literatura histórica, fantástica e de ciencia ficción. Tentan realizar boas e fieis recreacións históricas nas súas actividades sen esquecer a promoción da lingua nas mesmas.


“O pluralismo é un feito conxuntural a Galiza Nova”


O pasado 31 de Marzo e 1 de Abril celebrouse na faculdade de Psicoloxía en Santiago de Compostela a X Asemblea Nacional de Galiza Nova onde se escolleu unha nova dirección nacional e un novo secretario xeral. Iria Aboi Ferradás (Marín, 1982) foi a eleita para comandar a organización xuvenil nacionalista. Na asemblea concorreron dúas listas que reflectian dúas
sensibilidades dentro de Galiza Nova. A lista apoiada por Isca! e Esquerda Nacionalista, encabezada por Macías López Igrexas, foi a derrotada frente á lista apoiada pola Unión da Mocidade Galega (UMG). O resultado final foi de 177 votos para a lista de Iria frente aos 111 da lista de Macías. A Peneira estivo ali e falou con ambos protagonistas.


Non se trata de saldar contas, senón de reconciliar



O goberno de Aznar arrebatoulle o seu posto de fiscal anticorrupción e agora dende a súa nova etapa de xubilado comprometido cos tempos nos que vive, Carlos Jiménez Villarejo explica para A Peneira o seu punto de vista sobre a nova lei das víctimas da Guerra Civil, a lei de inmigración, a condea de De Juana Chaos, os paraísos fiscais e un sinfín de temas controvertidos aos que da resposta con contundencia e claridade. O tempo de descansar semella que aínda non lle chegou, e exemplo disto é o debate ao que asistíu na cidade de Vigo.


Cremos que as Ongd´s teñen que profesionalizarse



O Traballo das ONGD´s preséntase como fundamental na actualidade para axudar ao desenvolvemento dos países do Terceiro Mundo. Aínda que Galiza non está ao mesmo nivel que outros países neste tema, participan na laboura de voluntariado máis de 53.000 persoas. A Coordinadora Galega de ONGD´s ven de presentar un informe cos datos procedentes dun estudo en profundidade da realidade deste sector. As espectatívas de futuro dependen, en parte, do cambio de mentalidade da nosa sociedade. Do outro lado están as institucións, os propios medios de comunicación.


Coñezo xente que grava sen guión, ao tolo



Despois de presentar o ano pasado a primera curtametraxe de cine porno galego este coruñés, camioneiro de profesión,adiantou no Salón Erótico do Atlántico (SEDA) a que será a primeira longametraxe desta temática en Galiza. Confesa que lle gustaría realizar tamén outro tipo de cine aínda que neste é onde atopa menos dificultades económicas.


“Queremos para a institución municipal unha xestión baseada no diálogo”


A asemblea do BNG avalou a lista de Nestor Rego, actual tenente alcalde do concello de Compostela, á alcaldía desta localidade. Rego ve así reforzada a súa postura no BNG logo de 25 anos de militancia: participou como representante do BNG na Comisión Constituínte do Bloque Nacionalista Galego no ano 82, foi responsable comarcal entre 1987 e 1990 e membro do Consello Nacional do BNG.. Entrou a formar parte da Corporación do Concello de Santiago en 1995. Un posto que agarda revalidar este ano como alcalde “cun equipo de goberno pensado para toda a lexislatura”. Contao en exclusica para A Peneira.


‘O ciclismo é o deporte máis televisivo que hai’


Eleuterio Carrera, máis coñecido como Terio, é a insignia ponteareana do deporte, levando o bo nome da vila por estadios de fútbol, circuitos de ciclismo, emisoras de radio e canles de TVG. Aínda que se confesa un home de radio non pasou inadvertido ante as cámaras de televisión.


“Nós cremos no bilingüismo coma elemento enriquecedor”


Rocío Marín é , xunto a Pedro Cordón, a directora da obra Os Barballocas, coa que pretenden educar e divertir aos máis pequenos, así como incentivar o uso do galego. A súa obra, sen embargo, viuse inmersa nunha desagradable polémica ao considerar algúns que o antiheroe falase castelán, mentres os bos falan en galego.


‘Estoulle moi agradecido a Superpiñeiro’


Acompáñenos é o novo programa co que Xosé Manuel Piñeiro chega aos fogares dos galegos para transmitir historias alentadoras e cheas de optimismo. Nesta nova etapa compatibiliza radio e televisión, dous medios nos que se sinte como na casa. Declaradamente showman admite que se atopa cómodo neste novo rexistro.


‘Sería necesario que se crease unha Escola de Cociña galega’


A hostelaría forma parte da identidade dunha cidade. En Compostela son moitos os exemplos que dan autenticidade a esta afirmación. Un deles é o da Bodeguilla de San Roque que despois de vinte anos continúa a ofrecer o mellor aos que pasan polo seu local. Falamos co seu propietario dos cambios na sociedade, de vellos e novos proxectos e do futuro da nosa hostalería.

“Pódese dicir que pasamos de ser un local orientado, sobre todo, ás tapas e ao tapeo, a ser un restaurante xa un pouco mais serio”


Nunca direi que son gañador do Tour de Francia ata que o sexa oficialmente

Óscar Pereiro continúa cos pés no chan. A pesar de que todo o mundo o proclamaba xa gañador do Tour de Francia el é o primeiro en actuar con cautela e non quere vangloriarse ata que sexa oficial.
Unha proclamación que chegará ao menos "con cinco meses de retraso".
Iso sempre e cando non se demore máis e se cumpran as sospeitas de Christian Prudhomme, director xeral do Tour quen apuntou que o gañador de 2007 podería coñecerse antes que o do 2006,a pesar de que os últimos rumores dicían que había unha aceleración do proceso.


‘Podemos dicir que estamos ante un Gal global’


En marzo de 2005 o Diario de Mallorca publicaba que a CIA estaba empregando o aeroporto de Son Sant Joan (Palma de Mallorca) para efectuar escalas de vos empregados para transferir a persoas detidas a países coñecidos por practicar torturas. Matías Vallés puxo letra a unha investigación propia dunha trama holliwodiense.

Desde outubro de 2002 ata maio de 2005 ó menos en 25 ocasións produxéronse escalas de supostos avións da CIA por territorio español.


‘As mulleres somos demasiado competitivas’

Elena Reynaga, secretaria xeral de AMMAR

Dende 1994 AMMAR ven representando a todas aquelas mulleres, que exercendo un dos oficios máis antigos da historia, se consideran, sobre todo, mulleres traballadoras. Elena Reynaga é a secretaria do Sindicato de Traballadoras Sexuais. Unha agrupación pioneira que defende a igualdade de dereitos e deberes no ámbito laboral.


‘A visión que ten a sociedade da xuventude é tremendamente negativa’


María Dolores Rodríguez, Presidenta do Consello da Xuventude

A OJE para nada é unha organización preconstitucional.

O seu obxectivo fundamental é representar á xente moza diante da administración autonómica, sobre todo á xente moza que está asociada. Estamos formados por entidades xuvenís de ámbito autonómico, creadas por lei.Tamén temos actividades propias que podan ser de interese da mocidade en todos os ámbitos imaxinables, comezando pola saúde, igualdade, de xénero, medio ambiente, novas tecnoloxías, comunicación, intercambio con outros países da Unión Europea.


‘Non falamos de trama organizada, pero si dunha actividade encamiñada a facer dano e crear alarma social’


Alfredo Suárez Canal, conselleiro de Medio Rural

A Consellería do Medio Rural adquiriu especial protagonismo ao longo da vaga de lumes sufrida por Galiza durante a primeira quincena do mes de agosto. Todas as olladas se dirixían ao titular desta carteira, Alfredo Suárez Canal, polo que quixemos poñernos en contacto con el para que nos dese a súa opinión sobre o acontecido. Este foi o resultado da entrevista.

 


“O patrimonio discográfico é moito máis delicado que os restos arqueolóxicos da Idade do Bronce”


Ramóm Pinheiro, director artístico de Ouvirmos

Ramóm Pinheiro (Vigo, 1975)  é investigador e músico. A partir das súas experiencias no eido musical funda en 2002  Ouvirmos S.L, a primeira editora especializada en documentación musical galega. Esta iniciativa foi creada para recuperar, dignificar e divulgar o importante patrimonio músico-cultural que nos conforma como comunidade.   Un proxecto tan importante que descubre día a día verdadeiras  obras de arte agachadas polo tempo.


“Empregábase máis o galego na transición nos medios escritos diarios que na actualidade”


Carlos Callón, Presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística

Pouco antes da presentación da Fundación Vía Galego nun coñecido hotel compostelán, Carlos Callón atende as nosas preguntas sabéndose un dos protagonistas do eterno debate da lingua. Só temos que mirar ao noso redor para decatarnos da importancia do seu traballo: entre os xornais a disposición dos clientes non  hai ningún en lingua galega e sí varios editados en Madrid.


“A historia segue sendo un producto por e para homes”
Noa Bergantinhos
Noa Bergantinhos, historiadora

Moitas son as institucións que están a reivindicar o papel da muller na actualidade mais non son tantos os estudos que hai sobre a muller no noso pasado. Noa Rios Bergantinhos é unha das poucas historiadoras que tratou este tema en profundidade no ámbito do nacionalismo no seu libro “A mulher no nacionalismo galego” (Laiovento 1900-1936).  Conseguimos uns minutos do seu tempo, xusto antes  de dar unha conferencia sobre “A muller no nacionalismo galego anterior á Guerra Civil” nas instalacións da Baiuca Vermelha en Ponteareas.

“PSdeG e BNG somos capaces de integrar un goberno único, cun único presidente”


Emilio Pérez Touriño, presidente da Xunta de Galicia

Logo de nove meses á fronte do novo Goberno galego, quixemos manter unha conversa co presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, para facer unha breve valoración deste tempo e coñecer como quere enfilar o futuro dende o despacho presidencial de San Caetano. Isto foi o que deu de si a conversa.


“O cambio político depende da presenza e da conciencia das mulleres”


Isabel Diz e Marta Lois, politólogas

As profesoras Marta Lois González e Isabel Diz Otero (Facultade de Ciencias Políticas e da Administración, da USC) fundaron, con Ramón Bouzas Lorenzo (USC) e Xosé Mahou (Universidade de Vigo), o Equipo de Investigación Muller e Política. O grupo lanzou con este proxecto un estudo sobre a presenza política das mulleres  nas distintas comunidades autónomas, centrándose no papel das mulleres na toma de decisións políticas nos gobernos, parlamentos e administracións autonómicos. Celebrarán este 8, 9 e 10 de marzo as súas segundas Xornadas. Aquí comparten as súas experiencias coa investigación e perspectivas sobre as relacións mulleres-política.


“Pasamos de ser un catalogador de webs a un xornal por petición expresa da xente da emigración”



Lois Rodríguez, editor de Vieiros


O portal máis visitado en lingua galega e o máis importante dos diarios virtuais, vén de cumprir a súa primeira década de existencia. Vieiros naceu o 24 de febreiro de 1996, aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e da primeira emisión da Radio Galega, tomando o nome da revista do Padroado da Cultura Galega en México. Por iso, e coa axuda das novas tecnoloxías, mantivemos unha entrevista “on line” co seu editor, Lois Rodríguez.


 “Haberá que axudar aos medios que o fan todo en galego”


Marisol López, Secretaria Xeral de Política Lingüística

Marisol López é a nova secretaria xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e, polo tanto, responsable de todo o que teña que ver coa defensa da nosa lingua. Unha muller sinxela e amable, coa que mantivemos unha conversa para tentar coñecer cales son os proxectos que o seu departamento está a argallar para cumprir co seu cometido. Cuestións económicas como os orzamentos ou as subvencións, ou cuestións de tinte máis político como as relativas ao uso do galego na vida cotiá, formaron parte desta conversa, que reproducimos de seguido.


"Hai que definir cales son os parámetros da identidade dun pobo"


Román Gubern, Catedrático emérito de Comunicación Audiovisual da UAB

A Fundación barrié de la Maza, con motivo da exposición Impresionismo. Obras maestras del Museo Wallraf-Richartz-Fundación Corboud, programou un ciclo de cine relacionado con este movemento artístico. O director do mesmos, Román Gubern, foi investigador, profesor de Historia do Cine e director do Instituto Cervantes en Roma, ademais de ser, na actualidade, catedrático emérito da Universitat Autónoma de Barcelona. No acto de inauguración do ciclo na Coruña tivemos oportunidade de enteder, da súa man, que entre  cine e  pintura hai máis que semellanzas


“Para reducir riscos laborais temos que habilitar o Instituto da Seguridade Galego”


Ricardo Varela, conselleiro de Traballo

O cambio de ano recibiu ao novo goberno da Xunta pasados os seus primeiros cen días de mandato. Algunhas Consellerías xa deron a coñecer cal vai ser a súa liña de traballo para este 2006. Desde A PENEIRA quixemos que os propios protagonistas comezaran a dar contestación aos problemas que máis preocupan aos cidadáns. Ricardo Varela, Conselleiro de Traballo, atendeunos despois dunha visita ao Concello de Mos onde asistiu á presentación do Plan de Acción Global para o Emprego. Na entrevista  o Conselleiro non eludiu falar de temas tan delicados como a precariedade laboral, a seguridade no emprego ou a relación cos empresarios e os sindicatos galegos .

“Sospeito que a Guerra Civil e a Posguerra non se está explicando na materia de Historia”

Ánxo Rodríguez Gallardo, profesor e autor de
“Letras Armadas. As vidas de Enriqueta Otero Blanco”

Ánxo Rodríguez Gallardo traballa como profesor de lingua española nun Instituto de Ensino Secundario situado no concello pontevedrés das Neves. Leva en Galiza unha ducia de anos polo que nos atende nun perfecto galego. Ademais de investigar no seu, a filoloxía, tamén traballa a investigación en historia. Nesta tematica ten varias liñas de traballo: a recuperación de historias de xente, o traballo en represión pura e dura, tanto durante a Guerra Civil como durante o franquismo, e a presencia de fuxidos galegos en Portugal. Acaba de publicar “Letras armadas. As vidas de Enriqueta Otero Blanco”.


“A Sección Feminina vai a ser a que se encargue da formación da muller”


Victoria Martínez, gañadora do Premio Bouza Brey de Investigación 2006

Ponteareas saberá un pouco máis da súa historia de posguerra a través do traballo que desenvolverá a historiadora Victoria Martínez Rodríguez (Pontevedra,1966). Doctorada en Historia Contemporánea pola UNED, esta filla de emigrantes realizou os seus estudos na Universidad Complutense de Madrid e ven desenvolvendo o seu traballo profesional no eido editorial. Agora comezará a investigar sobre "A muller no franquismo: Sección Feminina en Ponteareas", traballo polo que acadou o Premio Bouza Brey de Investigación 2006.