 Guillerme Vázquez e Ana Miranda na exposición aos medios O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, considerou que os datos obtidos pola formación na xornada electoral son “pouco positivos” desde o punto de vista cuantitativo, por ter descendido a porcentaxe de votos, pero “bos” porque se cumpre o obxectivo de que o nacionalismo galego volva a ter representación en Bruxelas.
Vázquez sinalou que a pesar da baixada porcentual, o BNG mantense por riba dos 100.000 votos e foi a forza política das que compoñen a coalición Europa dos Pobos-Verdes que maior porcentaxe de votos conseguiu dentro da súa comunidade, cun 9'40% fronte ao 9'21% obtido por ERC en Catalunya. En función do acordo da devandita coalición, a candidata do Bloque, Ana Miranda, ocupará o escano que corresponde á agrupación ao redor dun ano e medio, probablemente desde principios de 2011. Ademais dos nacionalistas galegos, son ERC, Aralar e Verdes as forzas políticas que lograron representación en Bruxelas como integrantes de lista de Europa dos Pobos. “Recuperamos unha presenza que non tiñamos, iso é positivo para o nacionalismo pero tamén para Galiza” saliento Guillerme Vázquez, que prometeu aos votantes que deron a súa confianza ao BNG que “o seu voto vai servir exactamente para o que dixemos na campaña, defender os intereses específicos de Galicia en Bruxelas e construír un novo modelo europeu”. Vázquez, que valoro os resultados no hotel Compostela da capital lucense acompañado pola futura eurodiputada, Ana Miranda, e a Executiva Nacional do partido,apunto que a cita electoral europea non chego para o BNG “non mellor escenario” nin se afrontaba “na mellor situación”. Aludiu á proximidade das eleccións galegas e o esforzo investido pola formación frentista en reorganizarse, ademais de insistir unha vez máis en que PP e PSOE “fixeron o posible” por evitar o debate europeo. O número un do BNG comprometeu que “dende mañá mesmo” a formación “continuará traballando polo país” e para lograr “mellores resultados” en próximas citas electorais. “O BNG vai ir para diante” proclamo finalmente o nacionalista, que insistiu en que o importante tras estes comicios é que a candidata do BNG, Ana Miranda “será eurodiputada e vai cubrir un oco que había”. Miranda traballará “Dende xa” A que será a primeira eurodiputada do BNG desde fai cinco anos e despois de telo sido Camilo Nogueira, mostrábase tralos resultados emocionada e presa da tensión. Non quixo valorar uns resultados que xa valorou o líder do BNG pero sinalou que están “ben”, especialmente nun contexto no que as coalicións e os partidos nacionalistas “baixaron en xeral”. Miranda, que se desprazará a Bruxelas xa a próxima semana, mostrose convencida de que en ano e medio poderá recuperar os 5 anos de ausencia do BNG no parlamento Europeo porque se poñerá a traballar “dende xa”, repetiu con insistencia. A nacionalista salientou tamén que o resultado da coalición garante o escano polo estado español da Alianza Libre Europea.
Trackback(0)
|