|
Premios narrativa e poesía galega da Sección de Crítica da AELG |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
martes, 14 de abril de 2009 |
|
Trala reunión que mativeron en Compostela o luns 13 de febreiro de 2009, a Sección de Crítica da Asociación de Escritores en Lingua Galega acordou, propor para os Premios de narrativa e poesía galegas que a Asociación Española de Críticos Literarios fallará o vindeiro día 18 de abril en Santander, as seguintes obras: - Modalidade de narrativa: Festina Lente, de Marcos S. Calveiro, da editorial Xerais. - Modalidade de poesía: Hordas de escritura, de Chus Pato, Xerais.
De Festina Lente, o xurado valorou a súa orixinalidade, trazo que a fai destacable nun panorama prolífico de seu no xénero histórico, así como a súa riqueza lingüística e a capacidade de dar vida á Compostela dos séculos XVI e XVII, transformando en literatura unha ben peneirada documentación histórica. De Hordas de escritura, destacou a solidez do seu discurso vangardista e a construción dunha poesía que se articula como unha loita contra a propia linguaxe literaria, trazos que marcan un fito importante na xa longa traxectoria da autora.
Trackback(0)
|