Advertisement
Puntogal
Manifestación pola lingua o 17 de maio PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 6
MaloBon 
Escrito por Redacción   
viernes, 06 de marzo de 2009

Image A Mesa asegura que a postura de Feijóo contra o ensino en galego é o “primeiro gran paso atrás para a lingua desde a chegada da democracia”. O uso do galego polo alumnado nas materias impartidas nesta lingua xa estaba recollido polo decreto do 95, impulsado polo PP. A asociación en defensa da lingua convida a toda a sociedade a participar na manifestación do vindeiro 17 de maio “en defensa da nosa lingua propia”

A Mesa pola Normalización Lingüística considera que as medidas anunciadas por Alberto Núñez Feijóo contra o ensino en galego atentan contra toda a lexislación en materia lingüística da etapa democrática. Para o presidente da asociación en defensa do idioma, Carlos Callón, trátase “do primeiro gran paso atrás para a lingua desde a chegada da democracia” e un “atentado contra principios básicos recollidos no Estatuto”.

Por iso, a asociación, que vai celebrar a súa asemblea xeral o próximo 28 de marzo, chama a toda a sociedade galega a unirse á manifestación que percorrerá as rúas de Santiago de Compostela o vindeiro 17 de maio, unha cita que “ten que ser histórica” para parar a “involución lingüística” que intenta impor o Partido Popular.

A Mesa quere ser a “casa común” en defensa do idioma, por iso convoca a vindeira segunda feira (luns), 9 de marzo, na Galería Sargadelos de Compostela, unha reunión aberta a todas as asociacións e colectivos que queiran defender a lingua para definir os próximos pasos a dar e para conseguir a implicación de toda a sociedade galega na marcha polo galego.

O ano pasado máis de 500 entidades apoiaron a manifestación do 18 de maio, que so o lema “Polo dereito a vivirmos en galego” congregou máis de 25.000 persoas en Santiago. O obxectivo é que este ano se sumen aínda máis entidades, tras a ruptura unilateral por parte do PP de “todos os consensos históricos en favor da lingua e que contaron co respaldo unánime de toda a comunidade educativa”, tal e como manifestou Carlos Callón esta mañá nunha conferencia de imprensa na que tamén participaron Iria Taibo, secretaria xeral da Mesa, e Fran Rei, coordinador de Zonas da asociación.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior