Advertisement
Puntogal
Xerais cumpre 30 anos con 3.200 títulos publicados e dez millóns de exemplares vendidos PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 4
MaloBon 
martes, 06 de octubre de 2009

Fragmento dunha portada
Fragmento dunha portada
Tal día coma hoxe de hai trinta anos, constituíase en Vigo a empresa Edicións Xerais de Galicia. Transcorridas tres décadas daquela data, unha das editoriais galegas máis senlleiras ten publicado 3.200 titulos, 1.600 deles no catálogo vivo. De todos estos títulos, tres mil deles foron publicados en lingua galega. O resto, en castelán, portugués e inglés.

Ademais, Xerais ten vendido máis de dez millóns de exemplares. Segundo os datos do ISBN, a editorial sitúase ininterrompidamente nos últimos vinte anos á cabeza da produción editorial en lingua galega, por número de títulos; e dentro das cincuenta primeiras empresas editoriais de España.

Dende o seu nacemento, a función principal de Xerais foi non deixar baldeiro campo ningún da comunicación impresa necesaria para Galicia. Editorial tamén de vontade educativa, dende 1980 está especializada na edición de libros de texto en lingua galega, que constitúen o 22 por cento dos títulos do seu catálogo.

Un catálogo vivo

Na actualidade, ten unha completa oferta de materiais didácticos para o ensino da lingua galega no ensino non universitario, que abrangue todos os cursos da Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Tamén publica libros de texto en lingua galega para as diferentes materias de Xeografía e Historia, Ciencias da Natureza, Educación para a Cidadanía, Filosofía, Matemáticas e Música do Ensino Secundario.

No ámbito da edición xeral, a editorial posúe un extenso catálogo literario, o 23 por cento do seu catálogo, e que aborda todos os xéneros: narrativa, poesía, teatro, xornalismo, clásicos da literatura galega.... Tamén conta con publicacións lexicográficas, como dicionarios; e universitarias e de ocio, como guías de viaxe ou de natureza. Os libros infantís e xuvenís forman outro 22 por cento do seu catálogo.

Xerais edita, fundamentalmente, en soporte papel, aínda que dende 1997 iniciou a edición de CD-ROM, DVD e discos compactos, baixo o selo Xerais Media. Por se fora pouco, convoca anualmente, dende 1984, os seus galardóns literarios: o Premio Fundación Caixa Galicia de literatura Xuvenil, o Premio Xerais de Novela e o Premio Merlín de literatura Infantil.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >