Advertisement
Puntogal
BNG di que na Xunta hai "unha banda de delincuentes políticos" a favor da toponimia "franquista" PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 2
MaloBon 
Escrito por Redacción   
martes, 06 de octubre de 2009

Bieito Lobeira
Bieito Lobeira
O deputado do BNG Bieito Lobeira asegurou que o Goberno galego se propuxo o obxectivo de "volver ao franquismo" en materia de toponimia, de aí que rexistre unha proposición non de lei coa que pretende que cada grupo parlamentario "se defina" sobre o cumprimento da actual Lei de Normalización Lingüística, que no seu artigo 10 recolle como únicos topónimos válidos os galegos.

"Que voten e saberemos o que temos", afirmou en relación a PP e PSOE, ao tempo que advertiu os cidadáns de que observa a fronte da Xunta "unha banda de delincuentes políticos organizados", cuxo misión é "acabar coa lingua". Acúsaos, por iso, de ter emprendido o "maior retroceso" nesta materia dos últimos 30 anos.

Segundo Lobeira, o PP quere "volver ao franquismo" en materia lingüística para implantar a "legalidade" anterior a 1983, cando se aprobou a Lei de Normalización. O propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, abriu a porta a unha modificación nesta normativa para dar lugar a topónimos bilingües. Contra isto, o nacionalista suxire introducir neste debate "un mínimo de seriedade e sensatez", pois "unha cousa é o que a xente poda falar e outra oficializar".

En opinión do dirixente nacionalista, os populares e a Xunta pretenden "oficializar a castrapización" que se impuxo no franquismo, para substituír a toponimia orixinal. Lobeira atribúe estas cuestións a un "complexo de inferioridade por seren galegos" dos populares. "Que o traten", manifestou, para pedir que "ao país o deixen en paz".

Así mesmo, considerou que estes han de mostrar o seu "galeguismo" non só no folclórico, senón tamén "non cargándose a oficialización do idioma galego e respectando a galeguidade". No caso concreto da Coruña, o deputado nacionalista asegurou que hai sentenzas de diferentes tribunais, incluso o constitucional, que "evidencian" que este é o topónimo "xenuino".

Lobeira considera que os populares "prostitúen palabras como liberdade", pois afirma que o que queren é "acabar con ela" e acusa o presidente da Xunta de non dar exemplo "do amor polo propio" e de "impulsar a anulación da legalidade do país".

Iniciativa

Lobeira asegurou que coa iniciativa que levarán a pleno solicítase "algo básico", e é "que se respecte a lei". Tamén pretende dar lugar a unha reafirmación no consenso da Lei de Normalización Lingüística e adoptar as medidas necesarias "para que se cumpra dunha vez por todas", pois a día de hoxe existen "sinalizacións deturpadas, que manteñen a toponimia franquista".

Outra das demandas da proposición non de lei oriéntase a que a Xunta indique a todos os concellos para indicarlles que "deben cumprir a legalidade".

Manifestación

O deputado nacionalista afirmou que o BNG apoia a manifestación que se convocou para o próximo 18 e outubro, a través da Plataforma Queremos Galego. Neste sentido, instou a que "ninguén fique na casa", pois considera que hai que saír á rúa a "defender o que nos queren roubar".

Apela á participación social porque o idioma é "patrimonio galego" e, polo tanto, "nos pertence a todos, non a unha forza política". Así mesmo, entende que as actuacións que executou o PPdeG desde o Goberno galego requiren dunha resposta "social"

 

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >