|
O Índice de Produción Industrial desplómase en Galiza un 11,9% no mes de agosto |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
lunes, 05 de octubre de 2009 |
 Javier Guerra O Índice Xeral de Produción Industrial (IPI) en Galicia rexistrou unha caída do 11,9 por cento no pasado mes de agosto. Así destácao o Instituto Nacional de Estatística (INE), que sinala que a caída media en España foi do 11 por cento no mesmo mes. Descontando os efectos de calendario, a variación interanual do IPI rexistra unha diminución do 13,1 por cento.
A caída do IPI máis acusado rexistrouna o País Vasco. O descenso foi do 16 por cento no pasado mes de agosto. Séguelle Castela e León, cunha baixada do 13 por cento, segundo datos do INE. A taxa media do IPI corrixido de afectos de calendario diminúe un 19,7% en taxa interanual nos oito primeiros meses de 2009. En Galicia a baixada media nese período é do 19,8 por cento. Segundo o destino económico dos bens, as taxas de variación en agosto respecto ao mesmo mes do ano anterior foi dun - 6,6 por cento para os bens de consumo, un-10,9 por cento para os bens de equipo, un-17,4 por cento para os bens intermedios e un-6,1 por cento para a enerxía, segundo o INE.
Trackback(0)
|