Advertisement
Puntogal
A comunidades do Camiño Francés debaten en Santiago varias propostas culturais para ensalzar a ruta PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
viernes, 25 de septiembre de 2009

Indicación do camiño
Indicación do camiño
O director xeral de Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel, reuniuse en Santiago con responsables das Comunidades de Castilla y León, La Rioja, Navarra e Aragón. Os representantes das comunidades que atravesa o Camiño Francés, debateron sobre o programa 'Hitos del Camino', a creación dunha peregrinación musical, a proposta dunha exposición itinerante ou o desenvolvemento do programa 'Patrimonio Aberto'.

O representante galego presentou cinco momumentos galegos como candidatos a converterse en 'Hitos del Camino'. As outras comunidades contan xa cun total de 21. Todos eles deben acreditar a realización de obras de mellora nos últimos tempos.

Está previsto que se coloque unha sinal ao carón de cada monumento seleccionado. Os fitos galegos serían o núcleo do Cebreiro en Pedrafita, o Mosteiro de Samos, Vilar de Donas en Palas de Reis, a Igrexa de Santa María de Leboreiro en Melide e a propia Catedral de Santiago.

Peregrinaxe musical

Nesta reunión, o Goberno de Castilla y León propuxo realizar unha peregrinación musical a cargo dun coro de renome. Así, debateuse a elaboración dun folleto común e barallouse para a execución musical un coro de non mais de 36 compoñentes, que actuará durante o mes de xullo. Neste sentido, falouse da posibilidade de contar para elo Coro Accentus, de nacionalidade francesa.

Pola súa parte, o Goberno de Aragón propuxo organizar unha mostra, de carácter itinerante, que percorrerá as diferentes comunidades do Camiño. A exposición xirará en torno ao Barroco, co título de 'Santiago. Esplendor barroco'. O fío será a aproximación á figura de Santiago desde o punto de vista da historia cultural da Península ao longo dos séculos XVII e XVIII. Juan Manuel Monterroso Montero, recoñecido profesor da universidade de Santiago, será o comisario.

O Goberno de Navarra propuxo a creación doutro folleto sobre o programa 'Patrimonio Aberto', no que se coloquen os monumentos nun mapa ao longo do Camiño Francés e se sinalicen segundo a súa apertura estea comprendida nun horario de mañá ou de tarde.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >