|
A conselleira do Mar reuniuse coa Confraría de Cangas para falar sobre a obra do porto de Massó |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
martes, 08 de septiembre de 2009 |
 Rosa Quintana A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reuniuse en San Caetano con representantes da confraría San José de Cangas, o patrón maior, Evaristo Fernández, e o xerente, David Fernández, quen manifestaron a súa preocupación sobre a evolución da obras do futuro porto deportivo de Massó.
Os representantes da confraría trasladaron un informe sobre a actividade pesqueira na zona de Cangas e o desenvolvemento da obras. A conselleira comprometeuse a estudar a información que lle foi entregada e trasladou a Evaristo Fernández e David Fernández a súa vontade de trasladar esta información ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a Portos do Estado. A Consellería propuxo a creación inmediata dunha mesa de diálogo na que se senten membros da confraría, representantes da empresa, do concello, da Xunta e de Portos do Estado para obter unha solución dialogada que permita unha saída rápida e beneficiosa para todas as partes.
Trackback(0)
|