Advertisement
Puntogal
A Xunta pretende "regular a autoconcertación" na sanidade para reducir listas de espera PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 3
MaloBon 
Escrito por Redacción   
viernes, 28 de agosto de 2009

Feijóo durante a exposición aos medios
Feijóo durante a exposición aos medios
O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, asegurou tras a reunión do Consello da Xunta que "non se conxela a autoconcertación" na sanidade para reducir as listas de espera, aínda que si avanzou que co parón que se produce en verán das peonadas ''a Consellería de Sanidade está traballando nun sistema de regulación da actividade extraordinaria que practican algúns facultativos en xornada de tarde.

Aínda que é unha cuestión que se están expoñendo e negociando "servizo a servizo", todo apunta a que a autoconcertación se exporá mediante un sistema de "rendementos quirúrxicos" en horario de mañá. Isto implica que aqueles médicos que pretendan efectuar operacións durante a tarde e cobrar un extra por iso, terán que xustificar que no horario ordinario acadaron un rendemento determinado.

Outra posibilidade, segundo o presidente galego, sería a de establecer criterios de "rendemento quirúrxico pola tarde". En todo caso, sinalou que o obxectivo é cumprir o compromiso de "reducir as listas de espera" na sanidade, pero baixo unha premisa concreta, e é que "non imos pagar pola tarde o que non fixemos pola mañá" se os facultativos o que fan é trasladar ás peonadas ''intervencións que terían que efectuar como "actividade ordinaria".

A idea que subxace neste asunto parte de "rendibilizar" as xornadas ordinarias, de mañá, na sanidade pública, de xeito que "pola tarde se faga o que non dá tempo pola mañá". E aínda que en principio se baralla a opción de establecer o sistema de rendemento cirúrxico, o presidente galego non descartou a idea de establecer, en lugar de peonadas, un quenda de tarde fixa nos centros hospitalarios.

Polo momento, a Consellería de Sanidade está abordando as diferentes posibilidades que existen ao aspecto cos xerentes dos centros hospitalarios e cos servizos. "A inmensa maioría" dos servizos sanitarios, segundo Feijóo, "piden que se regule" a actividade cirúrxica extraordinaria.

A modificación do sistema de peonadas xurdiu tras un informe do Consello de Contas, que sinalaba que os centros hospitalarios galegos reduciran a súa actividade ordinaria, que trasladaban aos horarios de tarde.

Orzamento superado

No 2009, o orzamento destinado a sufragar os extras dos médicos pola súa actividade de tarde aumentou e está "lonxe de reducirse o gasto". Segundo explicou o presidente galego a partida destina ás peonadas ''tense incrementado por riba do 50% do orzamentado".

Así, se nos orzamentos constaban 12 millóns de euros para a actividade de tarde nos centros hospitalarios galegos durante o ano en curso, gastáronse xa 17,4 millóns de euros.

 

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior