Advertisement
Puntogal
1800 € máis pobres (cada galego). PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 4
MaloBon 
martes, 11 de agosto de 2009

“It was the best of times, it was the worst of times…”(*) Ch. Dickens “Un conto de dúas cidades”.

Coa anunciada anulación do concurso eólico, a Xunta de Feijóo anula tamén os investimentos dos plans industriais a desenvolver polos gañadores deste procedemento de concorrencia pública. Anúlanse 5000 M€ a investir (1800 € por cada habitante de Galiza) e un número de postos de traballo superior aos oito mil non se van crear nunca. Xusto cando enfrontamos o peor da crise económica.

E a folla de ruta que vai desenvolver o Goberno galego baséase nun enxeño xurídico inconstitucional. Porque a anulación proxectada abrolla dende a violación manifesta das garantías constitucionais do procedemento administrativo. Porque só ao abeiro dun informe do Consello Consultivo de Galicia ou dunha sentenza do Tribunla Superior de Xustiza deste País é posíbel declarar a ineficacia de actos da Xunta que xeran dereitos, como é o caso da adxudicación eólica. A medio dun tal procedemento vulnerarase un dos alicerces esenciais do Estado de Dereito: que só Tribunais ou altos Consellos Consultivos independentes do Goberno declaren a nulidade de actuacións de gobernos anteriores xeradoras de dereitos. Un procedemento inédito na Europa democrática e máis ben propio de repúblicas exóticas, como un alto cargo do Goberno Fraga nolo definía estes días na prensa galega.             

O concurso eólico anularase a partires dun artificio xurídico. E anularase desprezando un válido instrumento de promoción do tecido industrial galego e do emprego  de calidade e substituíndoo pola nada. Desprezando a selección pública de proxectos e ideas para implementar outravolta esa discrecionalidade na concesión do uso dos nosos recursos que ten presidido a historia de Galiza.

Canto á argumentación xurídica exposta polo Conselleiro competente, ¿qué queren que eu lles diga? A participación pública galega como mérito non excluínte a avaliar está ratificada na súa plena legalidade polo Consello Consultivo de Galicia e pola Asesoría Xurídica Xeral da Xunta. Ofrecela constitúe o exercicio do dereito á libre empresa no seo da economía social de mercado. Por certo, esta participación permitiría que a Xunta investise 15 de cada 100 euros obtidos polo noso vento no financiamento dos servizos públicos dos galegos: dependencia, sanidade, educación...Ingresos todos que perderán a Xunta e a cidadanía.

¿Qui prodest?  A adxudicación eólica do bipartito escolleu proxectos industriais, viabilidades técnicas e financeiras e ofertas de participación á sociedade na xestión do noso vento que semella contrariaron aos grandes da distribución eléctrica, seica medoñentos da posíbel exportación do modelo “vento galego”  ou de lle ter que mercar a enerxía a produtores alleos aos seus grupos empresariais.

A historia aínda non está escrita. Mais semella que, polo de agora, os grandes operadores enerxéticos que nos cobran a luz van gañando.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >