Advertisement
Puntogal
Vázquez Padín:'O noso obxectivo é estar na Xunta en 20 anos' PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 51
MaloBon 
martes, 28 de julio de 2009

Carlos Vázquez Padín
Carlos Vázquez Padín
Hai uns meses creábase Converxencia XXI, un partido que se define como unha forza política “galeguista, europeísta, democrática, de centro reformista, liberal no social e no económico, con sensibilidade social, aconfesional e que ten como obxectivo a defensa dos intereses colectivos de Galicia co fin de xerar as mellores condicións para o desenvolvemento individual dos seus cidadáns”. Pode parecer un intento máis de situar a Galiza na órbita dos nacionalismos de Catalunya e Euskadi en relación a CiU e PNV. O seu secretario xeral, Carlos Vázquez Padín (Tui, 1973) asegura que o obxectivo vais máis alá e conta coa xuventude del e dos que, polo de agora, forman a executiva. Mantén un discurso directo e claro, se cadra froito do seu paso por Ciencias Políticas na USC, na liña de profundizar no autogoberno autonómico para un recoñecemento da realidade plurinacional de España que poida a adoptar a fórmula xurídica dunha confederación entre nacións en pé de igualdade.

-Por que Converxencia  XXI?

-A palabra Converxencia transmite unha idea de unión, de esforzo común, de colaboración en prol dun obxectivo común. XXI é porque queremos transmitir unha imaxe de modernidade. Queremos conseguir que se poda identificar a galeguidade coa modernidade, un dos grandes problemas do galeguismo político e da galeguidade en xeral. Téndese a identificar galeguidade con pasado e con atraso.

-Que presenta Converxencia XXI á cidadanía galega como novo partido político?

-Pretendemos dotar a Galicia, desde a humildade que ten que ter necesariamente un proxecto que acaba de comezar, dunha ferramenta que lle permita á cidadanía galega autorganizarse e situar a unha Galicia orgullosa de si mesma cara a modernidade e cara ao futuro. Temos que prantexar un proxecto en positivo, construtivo, non un proxecto meramente defensivo como fai o BNG. Que podan atraer a unha maioría da cidadanía.

-Sabe que non é a primeira vez que se tenta algo semellante buscando un modelo como o catalán ou o vasco?

-Seino. Nós temos claro que a estrutura social galega non é igual á catalana. Non hai unha burguesía claramente galeguista. Pensamos que se conseguimos situar o noso proxecto no mercado electoral pode conseguir éxito. Valoramos e estudamos as iniciativas que se levaron a cabo neste espectro ideolóxico dende a transición. Houbo Coalición Galega, nun contexto máis complicado, que tivo un éxito moi importante aínda que fugaz. Tiñan un bo lema, un candidato atractivo e un bo financiamento. Daquela votou en clave galega unha boa porcentaxe de xente e tivo representación nas catro provincias galegas. Logo fracasa porque lle falta unha base ideolóxica. Dependia da figura aglutinadora de Franqueira. Logo Democracia Galega, Terra Galega o propio PG moderno porque tampouco había nin coherencia nin base ideolóxica. Algúns eran copias malas do PP. Mesmo cando falaban de La Coruña e non de A Coruña. Nós temos unha base de xente fortemente ideoloxizada. A nosa oferta electoral está ben diferenciada das outras tres grandes formacións política. Poden velo na nosa web.

-Pode entón haber un galeguismo ou un nacionalismo que non sexa de esquerdas en Galiza?

-Hoxe a sociedade non percibe como sinónimos os termos galeguista e nacionalista. Nós queremos traballar para recuperar a sinonímia deles. Para nós é o mesmo. O que non estamos dispostos é a deixarlle ao PP e ao PSOE o termo con máis potencial electoral e social como é o galeguismo. con el pódese abarcar unha base social moito máis ampla que c de nacionalismo galego. Se galeguismo significa comer polbo e empanada o PP e o PSOE son moi galeguistas. Se significa ter un proxecto político para este país entón cremos que non son galeguistas. Queremos recuperar a palabra galeguismo para os bos e xenerosos. Os que a deturpan poñéndolle adxectivos como galeguismo cordial ou amable é porque non cren nela. O PP manipula o termo con éxito e con permiso do BNG. Galeguistas somos nós, non o PP. Logo está o galeguismo gastronómico, de romaría que é o único que ten o PP.

Aqui o único galeguismo "exitoso", que agora está en caída libre, é o de esquerdas e está liderado por unha formación que se define como marxista-leninista e a maioría da sociedade galega está situada no centro. Lembro un inquérito que dicía que Lalín e A Estrada eran as zonas cun sentimento identitario galego máis forte e nelas hai unha forte implantación do PP. En troques en Vigo e Pontevedra era máis baixo e aínda así é onde o BNG ten mellores resultados. Falla que non hai unha oferta electoral de centro. Porque agora xente de trinta e pico temos que montar isto case de cero? Aquí o que fallan son as elites. Hai carencia de cultura emprendedora en Galicia a todos os niveis.

-Como pensa chegar a implantarse tendo en conta as redes creadas na transición por outros partidos en todo o país?

-O noso é un proxecto a longo prazo. Eu son o de máis idade en Converxencia XXI e teño 36 anos. Non é un proxecto oportunista, de xente que busca unha segunda ou última oportunidade na súa vida política. Aspiramos a medrar dende a base. Primeiro a nivel local. O noso obxectivo é presentar o maior número posible de candidaturas nas municipais de 2011. Eu mesmo pretendo ser candidato á alcaldía de Tui. Non hai outra maneira de saltar a barreira do 5% e chegar ao Parlamento. O clientelismo limita e podemos ter dificultades pero confiamos en nós e na sociedade galega que quere un partido coma o noso. Hai moita xente, mesmo fóra da política, que se pode identificar con nós. O noso obxectivo é estar na Xunta en 20 anos.

-En que zonas estan traballando xa?

-En Foz, Sarria, Muros e Tui.

-Algúns descontento doutros partidos?

-Si tanto do PP como do BNG. Non do PSOE polo momento. Temos varios contactos a través do Facebook.    

-Páxina web, facebook,... contan dende o principio coas novas tecnoloxías para explicar o seu discurso...

-Diferéncianos doutros proxectos. En internet tes que ofrecer cousas. Se cubres unha necesidade insatisfeita as novas tecnoloxías permítenche chegar a ese público cunha rapidez moito maior. A barreira de non ter diñeiro hai case uns anos era case insalvable. Hoxe por hoxe con internet non o é.

-Como pensa convencer aos sectores empresariais do proxecto?

-Sabemos que hai élites cómodas no PP. O noso traballo será convencer a outras de que o PP non defende os seus intereses. O PP é o partido de Telefónica, Iberdrola, Santander, non é do autónomo nin do pequeno e mediano empresario. Temos un discurso moito máis rico. Nós facemos o camiño á inversa de contar cun empresario que nos financie. Nós primeiro temos o partido e logo iremos a falar co empresariado. Hai que ter unha abertura social máxima e absoluta. Pásalle ao BNG que por controlar todo internamente impiden que a organización poda medrar.  

-E a outros sectores?

-Non caendo no erro minifundista. Como exemplo o dun correo electrónico que recibimos no que unha persoa reintegracionista díxonos que estaba dacordo con todo menos co tema lingüístico. Non hai que estar dacordo co cen por cen. Temos que crear un lugar común e ter unha mentalidade construtiva. Temos que aprender dos cataláns.

-Competirá directamente entón co PP, PSdeG-PSOE e BNG?

-A nivel organizativo non se pode competir co PP e co PSOE no reino dos mediocres. Poñer como candidatos a xente que non fai sombra e dirá que sí a todo. Para min o BNG é un fraude neste sentido porque utiliza a estratexia da camuflaxe, conseguindo monopolizar o galeguismo político. O noso partido ten que estar dirixido polos mellores como pasa no PNV e en CiU.

Trackback(0)
Comentarios (4)Add Comment
0
Cousas que pasan
escrito por Xanti , julio 29, 2009
Hai Carliños, hai que integrar a todo o mundo, e non marchar sen avisar da vosa conta de correo. Agardo que só fora un descuido.

Agardo que isto saia ben
abuso de envío
vota abaixo
vota arriba
Votos: +0
0
Ilusión
escrito por Galeguiño , julio 29, 2009
Aquí hai moita xente, coma min, que leva xa tempo a agardar por un partido nacionalista galego de centro ou centro-dereita onde poidamos traballar cómodamente polo noso país e polas súas xentes.

Agardo que isto non fique nun experimento máis como os rexionalistas de TEGA ou os aproveitadiños do "PG moderno". Estamos atentos e agardando, con ilusión e esperanza.
abuso de envío
vota abaixo
vota arriba
Votos: +1
0
Desexos de éxito
escrito por Leónidas , julio 30, 2009
Porque a entrevista denota honestidade, que non é a virtude predominante hoxe.
abuso de envío
vota abaixo
vota arriba
Votos: +1
0
Adiante!
escrito por Adrião , julio 30, 2009
Eu opino que, se pudéssemos ter um galeguismo comum à maior parte do espectro político, caso da Catalunha, o nosso país seria realmente mais dono do seu futuro. Não obstante, seria bom que o reintegracionismo linguístico deixasse de ser uma tese de gente de esquerdas, em boa parte independentista, para ser uma ideia compartilhada e defendida por todos os partidos políticos galeguistas. Isso faria muitíssimo bem à nossa língua e, finalmente, os grupos políticos de direitas dariam esse aspeto de "seriedade" ao uso normal do galego.

Saúde e adiante com o projeto (e isto dito por um independentista e socialista).
abuso de envío
vota abaixo
vota arriba
Votos: +2

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >