Advertisement
Puntogal
Os alcaldes da Coruña, Lugo e Compostela xuntos polo Patrimonio PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 2
MaloBon 
Escrito por Redacción   
jueves, 23 de julio de 2009

Os alcaldes percorreron quince quilómetros do Camiño de Santiago
Os alcaldes percorreron quince quilómetros do Camiño de Santiago
Os alcaldes das cidades da Coruña, Javier Losada; Lugo, José López Orozco; e Santiago, José Sánchez Bugallo; percorreron cinco quilómetros do Camiño de Santiago co que selaron o denominado triángulo máxico do turismo mundial galego, co obxectivo de ser patrimonio mundial da paz, a convivencia e do encontro.

Os alcaldes, que percorreron unha parte do Camiño de Santiago dende O Cebreiro ata o lugar de Hospital, anunciaron que proximamente asinarán un convenio no que se anuncien as actuacións para desenvolver para promover o patrimonio mundial galego. Un convenio que elevarán á Xunta de Galicia e ao Goberno Español co fin de contar coa súa colaboración, así como coa da iniciativa privada.

Os alcaldes estiveron acompañados por varios dos concelleiros de cada un dos municipios que conforman o triángulo máxico: Lugo, A Coruña e Santiago.

O alcalde de Santiago foi o encargado de ler o comunicado que deu conta da unión das tres cidades. Un comunicado que avanzaba ademais a reclamación de conseguir un itinerario turístico mundial que promova e poña en valor o patrimonio mundial galego.

A iniciativa ten como obxectivo facer fincapé nun atractivo turístico, o patrimonio mundial galego, que dinamice a economía das nosas cidades e de Galicia mediante a aposta por un turismo cultural de calidade que reflicta a nosa identidade e todas as nosas potencialidades.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >