Advertisement
Puntogal
O BNG comezará o seu traballo na Eurocámara cunha iniciativa de mellora para a regulación láctea PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
viernes, 17 de julio de 2009

Exterior do Parlamento Europeo
Exterior do Parlamento Europeo
O BNG volve a ter presenza no Parlamento Europeo esta lexislatura tras cinco anos de ausencia, e o seu traballo na Eurocámara comezará de maneira oficial cunha iniciativa a favor do sector lácteo. Así o comunicou a representante nacionalista en Bruxelas e futura eurodeputada, Ana Miranda, que explicou que a semana que vén a coalición Europa dos Pobos-Verdes, na que se integra o BNG, presentará ante a comisión de agricultura unha iniciativa reclamando á Comisión Europea--o órgano executivo da UE-- que poña en marcha unha estratexia a nivel comunitario que aborde a fixación de prezos de referencia para o leite e recomendando a redistribución de cotas.

Miranda defendeu que "calquera negociación sobre o tema do leite ten que ser a nivel europeo" porque de nada servirán negociacións para fixar os prezos en España se non ocorre o mesmo noutros países e se estabiliza un prezo de referencia en orixe, parándose as "importacións desordenadas que están afundindo o mercado". Ademais afirmou que o BNG oporase á eliminación de cotas lácteas expostas para 2015. "Teñen que manterse porque se fixo un esforzo moi grande e de eliminalas entrariamos nunha situación de dumping económico moito peor que a de agora" argumentou a nacionalista, que reclamou de novo a "redistribución" desas cotas, reducíndoas aos países excedentarios e a aumentándoas aos deficitarios como España.

9 comisións

Ana Miranda mostrouse ilusionada tras a constitución da nova Eurocámara, na que a coalición Europa dous Pobos/Verdes ocupará o escano 250 dos 736 existentes. O primeiro en ocupar o escano, segundo os acordos acadados polos partidos que integran o grupo, será o representante de ERC, que a finais de 2011 dará o relevo á nacionalista, que será eurodeputada durante 16 meses, antes de dar paso a Aralar e Os Verdes.

A coalición participará en nove comisións parlamentarias en moitas das cales dirímense asuntos que afectan moi directamente a Galicia, como a de Agricultura e Pesca ou a de Política Rexional. Tamén estará presente na comisión de Transportes, a de Industria, Tecnoloxía e Investigación, a de Cultura--onde Miranda quere levar a "difícil situación do galego"--, a de Asuntos Económicos, a de temas de Muller, a de Medio Ambiente e na comisión de Peticións, que recolle reclamacións cidadás e onde farán chegar unha primeira reclamación sobre a posible vulneración dun espazo Rede Natura coa implantación dunha planta acuícola en Cabo Touriñán.

"Imos ser a voz e o voto de Galicia en Europa, o lobby político que defenda alí os nosos intereses" asegurou Miranda, que explicou que desde o primeiro momento estará integrada nos equipos de traballo que preparan iniciativas para o Pleno e as distintas comisións, introducindo as peticións galegas. Os representantes das distintas formacións que integran a coalición reuniranse en Barcelona para establecer as liñas de traballo que cada partido considera prioritarias e os mecanismos de coordinación.

Ademais Europa dos Pobos será membro durante toda a lexislatura da delegación do Mercosur, o que lle permitirá entrar na interparlamentaria entre Europa e Latinoamérica. Miranda tamén destacou que como membros da Alianza Libre Europea (ALE), que integra principalmente a partidos ecoloxistas e nacionalistas de toda Europa, o BNG forma parte dun grupo parlamentario "clave" na nova lexislatura da Eurocámara, ao ser a "4ª forza e a única que medrou nestas eleccións" fronte a unha "esquerda tradicional que baixou" e unha dereita europea que "non ten a maioría suficiente para aprobar as súas propostas sen buscar apoios".

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
Seguinte >