 Aula de informática O Concello do Porriño informa, a través da súa concellaría de Novas Tecnoloxías, dirixida por Obdulia Diniz, das actividades de achegamento ás novas tecnoloxías e á sociedade da información que terán lugar ao longo desde mes de xullo no municipio.
Realizaranse tres obradoiros dixitais de iniciación a internet, de iniciación á informática e de procura de emprego por Internet; e celebrarase unha charla sobre o uso educativo e seguro na rede. O obradoiro Iniciación á Internet, que ten lugar desde o 9 ao 17 de xullo en horario de 9:30 a 11:30 horas, pretende que as persoas participantes, unha vez rematado o curso, sexan capaces de empregar de forma básica, aplicacións e ferramentas fundamentais relacionadas con Internet. O obradoiro Iniciación á Informática, que se celebra do 20 ao 27 de xullo en horario de 9:30 a 11:30 horas, ten como obxectivo que as persoas participantes aprendan a manexarcon certa soltura os obxectos (arquivos, cartafois, ferramentas…) e funcionalidades básicas que ofrece un computador. Co obradoiro Procura de Emprego por Internet, que terá lugar do 29 ao 31 de xullo en horario de 10:00 a 12:00 horas, preténdese que as persoas participantes estexan capacitadas,unha vez rematada esta formación, para indentificar as ferramentas necesarias para elaborar un currículo e promocionalo pola Internet. Asemade, esta prevista a celebración dunha charla, o 28 de xullo ás 13:00 horas no Centro Neural, no Edificio Multiusos de Torneiros, baixo o título Internet Educativo, consistente en explicar como facer un uso educativo e seguro da Internet por parte dos máis pequenos e pequenas. Todas as actividades terán lugar no Edificio Multiusos de Torneiros, grazas ao convenio de colaboración asinado polo Concello do Porriño e a Rede de Dinamización da Sociedade da Información, dependente da Xunta de Galicia, para o desenvolvemento de accións consistentes en achegar as novas tecnoloxías aos colectivos sociais con maiores dificultades para formar parte da sociedade da información. A concelleira de Novas Tecnoloxías, Obdulia Diniz, afirmou que “O traballo conxunto entre o Concello e a Xunta de Galicia, a través da sinatura do convenio de colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información, está achegando a muitos veciños e veciñas do Porriño ás novas tecnoloxías. Estamos moi contentos coa alta participación acadada nestas actividades”. Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre estas actividades poden dirixirse ao Edificio Multiusos de Torneiros, chamar para o 986 348 944, ou enviar un correo electrónico ao enderezo
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam, necesitas ter Javascript activado para poder velo
Trackback(0)
|