Advertisement
Puntogal
Pontevedra integrarase nunha rede cultural que potencia o turismo patrimonial de orixe romana PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
jueves, 16 de julio de 2009

Restos arqueolóxicos en Pontevedra
Restos arqueolóxicos en Pontevedra
Pontevedra será a única cidade galega que se integrará na denominada “Rede de cidades romanas”, unha asociación de cidades de diversos países europeos que buscará rendibilidade social e turística nos seus restos patrimoniais, que está dando os seus primeiros pasos nunha reunión que se celebra estes días en Irún, e na que están integradas cidades de España, Portugal, Francia e Reino Unido.

Esta agrupación traballará, segundo o arqueólogo municipal de Pontevedra, Xoan Carlos Castro, na promoción común das cidades que contan con vestixios romanos recuperados e integrados na súa identidade actual, “co obxectivo de crear unha marca única, un común denominador que sirva como recurso para desenvolver as potencialidades turísticas, culturais e históricas.”

Na reunión de traballo, ademais de Pontevedra participaron as vilas españolas de Irún, Calahorra, Cartagena, Xixón, Sevilla e Tarragona, as cidades portuguesas de Coimbra e Lisboa e as francesas de Dax e Perigueux, mentres que escusaron a súa presenza, pero comunicaron o seu interese en participar nesta iniciativa as cidades francesas de Marsella e Boulonge sur Mer, así como as inglesas de York e Londres.

Xoán Carlos Castro reiterou o interese de Pontevedra por integrase nesta rede, especialmente a raíz da construción do futuro Museo de Historia da Cidade, e aproveitou a súa quenda de presentación para contar que o nacemento de Pontevedra como núcleo de poboación, “indubidablemente ten orixe romana e moito que ver coa súa situación xeográfica nun cruzamento de vías de comunicación marítima e terrestre entre as que sobresae a Vía XIX, cuxa planeamento está cada vez máis clara a medida que se van producindo novos achados de miliarios”.

O arqueólogo municipal destacou a importancia de que Pontevedra estea presente nun foro destas características, “ao lado de cidades moi importantes e que son verdadeiros referentes da romanización ”.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >