|
Boa actuación dos atletas galegos no Campionato de España júnior celebrado nas pistas de Calviá (Mallorca). Dos sete metais, os ouros foron para Lucía Pérez (12,32 m en triplo) e Sandra Mosquera (4.28.94 en 1.500). Pablo Denís (62,05 m en martelo), Iria Abelleira (1,65 m en altura), Denís Galán (14,62 en 110 m valados) e Leticia Gil (5,57 m en lonxitude, se levaron as medallas de prata, sendo o bronce para Borja Barbeito (59,63 en xavelina), David Veiga (48,19.14 en 10 km marcha) e Santiago Ferrer (5.907 puntos en decathlon).
Piñeiro e Carreira campións de montaña Oscar Piñeiro (1.00.13) e Montserrat Carreira (1.27.19) foron os vencedores no Campionato Galego de Montaña celebrado en Esgos (Ourense). Unha proba de gran dureza que se consolida ano a ano e na que 179 atletas entraron en meta. Cidade de Vigo Gran nivel na Cidade de Vigo no que as figuras mas destacadas foron Gustavo Pratas, vencedor en 1.500 e 5.000 metros e o jabalinista Gustavo Dacal que, con tres lanzamentos por riba dos 74 metros, logrou a mellor marca española da tempada con 74,77 m.
Trackback(0)
|