Advertisement
Puntogal
Feijóo afirma que "Galicia empeza a negociación agora" e asegura que a Xunta presentará alegacións PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
martes, 14 de julio de 2009

Reunión da conselleira de economía cos demais grupos parlamentarios
Reunión da conselleira de economía cos demais grupos parlamentarios
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, opina que "Galicia empeza a negociación" en materia de financiamento autonómico "agora", unha vez que "temos o documento". Tras unha reunión con conselleiros e responsables da Fegamp, o dirixente autonómico incidiu en que aínda que algunhas comunidades autónomas pechen os seus acordos, a comunidade galega iniciou agora a negociación.

Alega, neste sentido, que se outros territorios "festexaron os seus acordos" é porque "tiñan o documento dende fai moito tempo", algo que asegura que non ocorreu coa comunidade galega, pois explica que foi o, domingo, cando se recibiu a proposta do modelo de financiamento por parte da vicepresidenta segunda e ministra de Economía e Facenda, Elena Salgado.

"Estamos avaliando ese documento, son 75 follas", explicou o presidente autonómico, para sinalar que o Goberno galego está traballando nesa negociación da financiamento autonómica. Farano, dixo, ata o final do prazo para presentar alegacións ao proxecto remitido polo executivo central.

Preguntado sobre se se reunirá cos líderes do PSdeG e BNG, Manuel Vázquez e Guillerme Vázquez, respectivamente, Núñez Feijóo reiterou o seu "compromiso" de manter informados aos responsables dos grupos da oposición "antes de que Galicia se sente no consello de política financeira", convocado polo executivo estatal para o próximo mércores, 15 de xullo.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >