|
Inicianse os trámites para adxudicar 343 vivendas de promoción pública en San Paio de Navia (Vigo) |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
lunes, 13 de julio de 2009 |
 Edicios do PAU de Navia Iniciáronse os trámites para a adxudicación de 343 vivendas de promoción pública que o Instituto Galego de Vivenda e Só (IGVS) está construíndo en San Paio de Navia, en Vigo. A xunta cualificadora da provincia de Pontevedra fixou os criterios de selección dos adxudicatarios e determinou que o sorteo se realice o vindeiro 17 de xullo.
No sorteo entrarán 343 das 384 vivendas que se están edificando, xa que 41 delas están reservadas para o realoxo de familias que xa residían na zona e que se viron obrigadas a ceder as súas casas ao concello de Vigo por estar afectadas polo desenvolvemento do plan parcial de San Paio de Navia. 159 das vivendas que se sortearán teñen 3 dormitorios e superficies útiles entre 79 e 81 metros cadrados. Outras 12 vivendas de 3 dormitorios pero entre 87 e 88 metros cadrados se reservan para ser adxudicadas a persoas con mobilidade reducida. Tamén hai 92 fogares con 2 dormitorios e superficies de 62 a 65 metros cadrados e outras 81 con 4 habitacións e un tamaño entre 88 e 90 metros cadrados. Poderán ser beneficiarias persoas maiores de idade, nacionais ou estranxeiros, que residan ou traballen en Vigo ou sexan emigrantes que desexen retornar e leven 5 ou máis anos fóra de Galicia. Deberán estar inscritos no rexistro de demandantes de vivenda protexida para o concello olívico e deberán ter uns ingresos ponderados por unidade familiar situados entre e 0'7 e 2'5 veces o IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Públicos). Cando os ingresos dos adxudicatarios sexan inferiores a 1'5 veces o IPREM, as vivendas serán adxudicadas obrigatoriamente en réxime de aluguer. No resto de casos outorgaranse en réxime de compravenda.
Trackback(0)
|