|
Luís Piña entrega aos veciños de Canedo o compromiso de solución ao problema da rotonda |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
viernes, 10 de julio de 2009 |
 O socialista Luís Piña e Luís Pardo, presidente da Asociación de Veciños O socialista Luís Piña, deputado por Pontevedra no Congreso, conseguiu en pouco tempo solucionar o problema da rotonda de Canedo. Despois de entrevistarse cos veciños tras os graves incidentes de hai uns días, fixo entrega hoxe a Luís Pardo, presidente da Asociación de Veciños de Canedo e San Vicente, do compromiso firme da Confederación Hidrografica do Miño-Sil de recuperar o regato da Venda.
“Atopamos unha persoa que nos resolveu o tema”, declarou Pardo, “o subdelegado do goberno debería tomar nota e dimitir para deixar paso a xente como Piña”, asegurou. Polo seu lado o deputado do PsdeG-PSOE dixo sentir “unha situación tan lamentable” como a vivida polos veciños nos incidentes que padeceron cando protestaban polas obras que se estaban a realizar. Os veciños deixarán as movilizacións pero continuarán esixindo a demisión do Subdelegado do Goberno en Pontevedra. Obras para o 2010 Francisco Liñares, Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, anuncia na carta entregada hoxe que se procederá ao leventamento topográfico da zona para elixir a alternativa técnica máis axeitada e encargar a redacción do proxecto entre este mes e setembro. Segundo as estimacións deste organismo ao final de ano debería estar o proxecto rematado para pasar a contratar as obras no primeiro trimestre de 2010 e executalas nese primeiro semestre. Técnicos da Confederación Hidrográfica inspeccioaron hoxe a obra e aseguraron que o proxecto é complicado pola súa situación e a cantidade de edificacións que hai. Sen querer dar datos oficiais, polo de agora, sinalaron que o custe total da recuperación do regato da Venda superaría o millón de euros. No tocante ao acceso á estrada do barrio de Canedo Piña confirmou de que “é competencia do concello polo que debería mover ficha".
Trackback(0)
|