|
Os sindicatos consensúan a súa nova proposta para levar a mesa do metal e non descartan mobilización |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
jueves, 09 de julio de 2009 |
 Recente reunión entre a patronal e os sindicatos Os sindicatos UXT, CIG e CC OO retomaron a reunión e consensuaron as súas posturas en torno á proposta que levarán á mesa de negociación do metal, cuxa convocatoria aínda non chegou a fixarse. Así, en materia salarial, se decidiu que a proposta dos mediadores é insuficiente para os traballadores e que debería haber "un movemento da parte empresarial", segundo informou Diego Atanes (UXT), cunha suba do incremento salarial para chegar a un acordo que influirá tamén na vixencia do convenio.
Respecto á xornada dixo que houbo dúas redaccións dun posible "artigo" para regular en maior medida a distribución da mesma durante o ano. Neste sentido, matizou que o primeiro documento que se elaborou co asesoramento da Inspección de Traballo "tamén sería válido para os sindicatos", indicou. Na reunión da tarde, as tres centrais "constataron" igualmente a necesidade dunha maior regulación da contratación no sector naval. Todos estes puntos en común dos sindicatos dixo Diego Atanes que se levarán á mesa de negociación, aínda que insistíu que no caso de que "non houbese movementos" nos próximos días-ao entender que os mediadores están facendo un traballo de achegamento de posturas - UXT, CIG e CC OO volveríanse a reunir para analizar novas medidas de presión.
Trackback(0)
|