Advertisement
Puntogal
As asociacións do audiovisual galego piden á Xunta que unifique as competencias do sector en Cultura PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 2
MaloBon 
Escrito por Redacción   
miércoles, 08 de julio de 2009

Fotograma da animaciónA Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego expresou o seu malestar pola tardanza ""na resolución sobre as competencias do sector, ao tempo que pediu que se unifiquen, tanto o fomento como as de promoción e ordenación na Consellería de Cultura.

O colectivo, indicou que a devandita tardanza está causando un retardo na produción e está convertendo 2009 "nun ano negro para noso sector", informou, nun comunicado.

Tamén expresou o seu "máis enérxico desacordo" con que as asociacións representadas pola coordinadora non fosen convocadas á consulta nun tema tan importante, nin que tampouco fosen recibidas ata a data por ningunha das autoridades da Consellería de Cultura ás que se lle solicitou unha entrevista.

Sinalou por último que a coordinadora solicitou unha entrevista co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, con obxecto de facerlle chegar persoalmente a súa posición nun asunto que sinalo que resulta "absolutamente decisivo" para o futuro inmediato do colectivo.

A coordinadora está constituída pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia, a Asociación Galega de Guionistas, a Asociación de Técnicos do Audiovisual de Galicia e a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior