|
Gondomar xa ten novo alcalde |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
miércoles, 08 de julio de 2009 |
 Momento da votación Antón F. Escuredo/ GONDOMAR Confirmouse a moción de censura presentada días atrás por concelleiros do PP, PSOE e MoveGondomar. Onte, nun tenso pleno celebrado no Auditorio Lois Tobío, os veciños non foron quen de impedir que o goberno do seu municipio mudara de mans. A primeira hora da mañá repetíase a escena que xa vivira meses atrás outro concello de Pontevedra, Mos, e o local foi ocupado polos mesmos matóns dun coñecido ximnasio vigués que exercen como seguridade privada. Horas despois retiráronse diante da presenza da policia local e efectivos antidisturbios que se encargaron da seguridade dentro e fóra do Pleno, respectivamente.
Pleno Centos de veciños e veciñas ocuparon o auditorio ao berro de "Moción, corrupción". Militantes do BNG e do PSOE doutras localidades tamén quixeron estar presentes apoiando ao agora ex-alcalde nacionalista Antonio Araúxo. Colocados no escenario do local a escena semellaba de teatro. No chan apareceron billetes de xoguete coa cara de dun cos concelleiros do PSOE. Despois dunhas breves palabras de Antonio Araúxo procedeuse á votación xa que os promotores da mesma negáronse a falar. En todo momento os presentes non deixaron de pitar e berrar "Fóra corruptos de Gondomar". Rematado o Pleno os membros do actual goberno agardaron nunha sala traseira a que a xente marchara. Logo sairon do auditorio escoltados polas forzas de seguridade locais. Declaracións "Repulsa total ao comportamento de tránsfugas e corruptos. Desde este preciso instante non pertencen á familia socialista", asegurou a A Peneira a secretaria de organización do PSdeG-PSOE Marr Barcón. O xa ex-alcalde de Gondomar agradeceu o apoio dos veciños e veciñas presentes así como de membros do seu partido como Teresa Táboas e Olalla Fernández que estiveron ao seu carón en todo momento. "Temos unha sociedade viva que vai loitar pola democracia en Gondomar. Nas seguintes eleccións estaremos aí para gobernar con maioría absoluta, con tranquilidade e honestidade", afirmou Antonio Araúxo ao remate do pleno. Novo goberno O novo alcalde de Gondomar, Martín Urgal, asegurou hoxe na radio pública galega que vai formar goberno con todos os que votaron con el a moción de censura. Sinalou que pensa aproveitar o PXOM paralizado polas irregularidades e que en ningún caso é un corrupto. Como aconteceu en Mos os actuais concelleiros do PP solicitarán a baixa voluntaria do partido polo que de aqui a uns días tanto PP como PSOE non terán representación pública na corporación municipal de Gondomar.
Trackback(0)
|