|
Benestar Social activa un programa de actividades interxeracional en Vigo |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
lunes, 06 de julio de 2009 |
 A concelleira de Benestar Social, María Méndez A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou a posta en marcha do primeiro programa de actividades interxeracionais de verán ao aire libre, que se desenvolverá en diferentes barrios da cidade ao longo dos meses de xullo e agosto. Danzas do mundo e tai chi son as dúas actividades que se celebrarán na Praza da Independencia, O Calvario, avenida de Castelao, Praza de Compostela e alameda de Bouzas, de luns a venres e sempre de 10.30 a 11.30 horas.
“Neste programa téñense en conta especialmente ás persoas maiores, pero poden participar acompañadas de familiares", salientou a concelleira nacionalista. María Méndez explicou que a finalidade da iniciativa é "ofrecer unha actividade saudable similar ao programa de avellentamento activo que se desenvolve ao longo do ano" dirixo ás persoas maiores. Segundo a concelleira de Benestar Social a interrelación "é moi importante" para as persoas maiores, "sobre todo para as que comezan a quedarse na casa". A edil subliñou que a práctica de calquera das dúas actividades propostas, tai chi e danzas do mundo, "é unha forma agradable de facer exercicio físico en grupo e un bo método para establecer novas relacións". Explicou que no seu desenvolvemento, no que non haberá límite de participantes, utilizaranse técnicas dinámicas de expresión corporal, relaxación e desinhibición e serán impartidas por dous monitores. Así, nos meses de xullo e agosto, os luns as actividades terán lugar na Praza da Independencia, os martes no Calvario, os mércores na avenida de Castelao, os xoves na Praza de Compostela e os venres na alameda de Bouzas. Segundo María Méndez o feito de que sexan sempre o mesmo día en cada lugar propiciará que a cidadanía teña unha "referenza clara do lugar no que se desenvolven as actividades".
Trackback(0)
|