Advertisement
Puntogal
A que xoga gas natural? PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 3
MaloBon 
viernes, 03 de julio de 2009

As xuntas de accionistas de Gas Natural e Unión Fenosa aprobaron xa a fusión de ambas as dúas por absorción da segunda pola primeira. Desaparece FENOSA como empresa, ficando como única marca e referencia Gas Natural. E velaí as dúbidas sobre o que ocorrerá coa central de ciclo combinado de Sabón ou coa planta de REGANOSA (á que Gas Natural combateu con todas as súas forzas dende o primeiro día).

Mais a xunta de Gas Natural do pasado 27 en Barcelona ofreceunos o curioso espectáculo do seu Conselleiro-Delegado, Rafael Vilaseca, ao recoñecer a existencia de contactos coa Xunta do PP, orientados a que no “reestudo” ou “revisión” do proceso aberto polo concurso eólico sexan “incorporadas as súas solicitudes” para acceder ao reparto eólico.

Convén  que a Xunta clarexe de xeito inmediato se son certos estes contactos con Gas Natural e cal é o alcance dos mesmos. Porque o proceso aberto polo concurso eólico só pode ser anulado pola Xunta de existir causa de nulidade radical de pleno Dereito (o que esixiría un informe favorábel do Consello Consultivo que semella moi improbábel en termos legais). A outra posibilidade de anulación do concurso sería unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza, despois dun longo proceso xudicial.

E máis nada. Non existe posibilidade legal ningunha de “reestudo” ou “revisión” parcial. Existen centos de proxectos por  ducias de millares de MW que se ordenan rigorosa e xerarquicamente como suplentes no suposto de que algúns dos proxectos admitidos a trámite no 2008 non dean cumprido algún dos esixentes requisitos ambientais, urbanísticos ou de coidado polo patrimonio cultural. Noutras verbas, non existe posibilidade ningunha dun “reestudo” ou dunha “revisión parcial”. As únicas posibilidades coas que xoga GAS NATURAL é a nulidade radical de pleno Dereito  e global de todo o concurso e isto precisa dun informe favorábel do Consello Consultivo que se presenta moi difícil en termos xurídicos. 

Naturalmente todo isto sábeo GAS NATURAL. Logo, ¿por qué falaron Vilaseca-e máis o seu Presidente, Salvador Gabarrón-neses termos? Semella que, como noutras eléctricas españolas, por falla de respecto por Galiza e polo seu Goberno. Sonlles empresas  afeitas de máis a formular eles propios as regras e a que se lle interpreten a xeito.

Mais na Galiza temos un autogoberno suxeito ao principio de legalidade. As regras marcounas a Xunta e atópanse suxeitas ao control dos Tribunais. Non existen outros atallos. Cómpre que o Goberno galego llelo clarexe á cidadanía. Xa pasaron máis de dous meses do cambio de goberno. Houbo tempo abondo para mirar todo con lupa. A única evidencia é que nada se atopou porque non hai nada “raro” que atopar. Os actuais responsábeis políticos sábeno. Mentres, o Goberno Feijóo está deixando pasar o tempo de maneira irresponsábel causando un prexuízo grave a quen, nun proceso limpo de concorrencia, veu proxectos admitidos a trámite. Se o Goberno non continúa a tramitación e non abandona esta situación incríbel e arbitraria, haberá que pensar que talvez os directivos de Gas Natural levan razón e que a Xunta está a buscar unha solución amañada para os de sempre.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >