Advertisement
Puntogal
Celébrase a X edición da Feira Franca medieval de Pontevedra do 5 ao 6 de setembro PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
miércoles, 01 de julio de 2009

Edición anterior da Feira Franca
Edición anterior da Feira Franca
A décima edición da Feira Franca, que se celebrará en Pontevedra os próximos 5 e 6 de setembro, estará dedicada ao "Amor, escarnio e maldicir", e terá un marcado ambiente literario, segundo salientou a concelleira de Festas do concello capitalino, Anxos Riveiro, quen adiantou que desde mañá 1 de xullo, ábrese o prazo de inscrición para participar na festa.

Anxos Riveiro explicou que este prazo afecta a todos aqueles que queiran comer e cear na rúa durante a celebración da Feira Franca, aos comerciantes que queiran desempeñar a súa actividade no mercado medieval e tamén para os establecementos hostaleiros, e que só coa inscrición recibirán de balde un libro coas receitas máis significativas do medievo.

A concelleira nacionalista salientou a importancia de que "canta máis xente coñeza a normativa da Feira Franca, máis éxito terá a festa", e que esta será a mesma do ano pasado, mantendo o Plan de seguridade e emerxencia da última edición que foi creado polo persoal da Concellalía de Cultura, pola Policía e outros axentes colaboradores.

Neste sentido, Anxos Riveiro fixo fincapé na importancia de levar un estrito cumprimento da regulación da lume, así como da ambientación da Feira e xa que logo pediu tanto a participantes como á hostalería que se teña en conta a temática deste ano, e adáptese a vestimenta e o material ao tema escollido.

O pasado ano, a Feira Franca acolleu 250 comestas e ceas dentro do recinto da feira e Anxos Riveiro anunciou que nesta edición o número será similar "porque pola falta de espazo non se pode incrementar", aínda que indicou que neste ano se volverá a incorporar a avenida de Santa María porque as obras xa estarán moi avanzadas, e nesta zona poderá instalarse o Mercado de artesanía e oficios.

A concelleira tamén anunciou que as Xornadas da Historia se desenvolverán entre os días 25 e 27 de agosto, na que participarán importantes expertos que abordarán o uso do galego na Idade Media.

 

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior