Advertisement
Puntogal
Manuel Vázquez salienta a recuperación do voto urbano e o mellor comportamento do PSOE en Galicia PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
lunes, 08 de junio de 2009

O líder do PsdeG subliñou a "recuperación seria e rigorosa" do voto nas cidades e o mellor comportamento do apoio socialista en Galicia que no conxunto estatal, mostrando a súa satisfacción polo feito de que o PsdeG "mantén a súa potencia electoral" e unha cuota de voto satisfactoria tras o "importante revés electoral" que supuxeron os comicios autonómicos do 1 de marzo.

Na súa comparecencia na sé compostelá do Pino, Manuel Vázquez, incidiu nos datos do voto urbano, subliñando que --"malia non ser comparables"-- constitúen "datos alentadores" de cara á próxima cita electoral das municipais de 2011. Así, saliento que lograron unha cuota de votos que permítelles "manter as esperanzas".

"Seguimos sendo a alternativa para este país", apostilo, lanzando un "agradecemento especial" aos electores urbanos pola "recuperación de confianza". Neste sentido, recalcou que se se mantén a tendencia de recuperación do voto nas grandes cidades, "e conseguimos seguir sintonizando cos votantes" urbanos, "mantemos intactas as esperanzas de seguir sendo unha alternativa seria de goberno" para Galicia.

O líder do PsdeG lanzou unha mensaxe optimista e de agradecemento aos militantes e simpatizantes do partido, incidindo no feito de que continúan obtendo un protexo significativo trala derrota das autonómicas. "Despois dunha situación tan dolorosa fomos quen poñernos en pé e seguimos tirando por este proxecto", sentenció Manuel Vázquez, salientando o "grande esforzo" realizado.

En relación á comparativa estatal, o secretario xeral dos socialistas galegos saliento que o PSOE baixou cinco puntos en global en España, mentres que a caída en Galicia é de 1,7 puntos respecto ás europeas de 2004, sen contar co reconto do voto emigrante (CERA), que se coñecerá en próximos días.

Tamén fixo referencia á porcentaxe de votos obtidos nas últimas eleccións galegas --perto do 30% fronte ao 34,25% destes comicios europeos--, para felicitar ao electorado e recalcar que o PsdeG está "forte" e con alta presenza institucional. "Temos proxecto e discurso político", afirmou, expresando seu "compromiso" de seguir traballando "día a día e hora a hora".

Desexo de recuperación para o BNG

Preguntado polo retroceso do BNG, o líder socialista desexoulles unha pronta recuperación e recoñeceu que "calquera partido que tivera perdido unhas eleccións podería estar nesa situación". Malia todo, lembrou que o PsdeG ten "vocación de goberno maioritario e en solitario", engadindo que desde o "respecto" e "desexándolle o mellor" para o BNG, "temos proxectos claramente diferenciados".

A nivel estatal, Manuel Vázquez felicitou "aos gañadores" e mostrou o seu desexo de que o resultado das urnas permita "realmente" realizar unha política europea "boa para Galicia". Sobre o proxecto socialista en Galicia, defendeu que "temos un proxecto vivo e ilusionante".

O secretario xeral do PsdeG compareceu pasadas as dez e media da noite acompañado por cargos do partido e polos dos candidatos galegos que concorrían na lista do PSOE: Antolín Sánchez Presedo --que concorría no undécimo posto e, polo tanto, si obtén representación no parlamento Europeo-- e Rosa Miguélez, que ocupaba o vixésimo noveno posto da candidatura e xa non tiña opcións de saír elixida.

Entre os cargos do PsdeG que arroparon a Manuel Vázquez figuraban os deputados Xaquín Fernández Leiceaga, Mar Barcón, Carmen Gallego e Laura Seara; o secretario de Organización do PsdeG, Pablo García e o senador Xabier Carro.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >

Últimas eleccións europeas

No items to show...