Advertisement
Puntogal
A clasificacion final do 45º Rallye Rías Baixas pendente dos comisarios PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
miércoles, 03 de junio de 2009

Un expediente aberto polos comisarios deportivos do rali impide que se faga oficial polo momento a clasificación xeral final da cuarta proba puntuable para o Campionato de España de Rallyes  de asfalto.

A clasificación final do 45º Rallye Rías Baixas segue sendo, a día de hoxe, provisional. O colexio de comisarios deportivos que seguía a proba viguesa mantén aberto un expediente por un “incidente” no que se viron implicados os vehículos número 4 (Porche 911 GT3 de Sergio Vallejo) e número 15 (Mitsubishi Evo IX de Alvaro Muñiz) na chegada ao parque de reagrupamiento trala disputa da cuarta sección.

Os comisarios chamaron a declarar aos equipos implicados, trala celebración da cerimonia de entrega de trofeos, e ben entrada a madrugada decidiron manter aberto o expediente e non dar, de momento, oficialidade aos resultados do rallye co fin de recabar máis información.

Así mesmo, a clasificación final tamén queda pendente do resultado do control antidoping efectuado a varios pilotos á conclusión do 45 º Rallye Rias Baixas Vodafone Gran Premio Turismo de Vigo.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >