Advertisement
Puntogal
II Aberto de Billarda 'Cidade de Lugo, memorial Henriqueta Otero' PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 2
MaloBon 
Escrito por Redacción   
martes, 14 de abril de 2009

Cartel do evento
Cartel do evento
O Centro Social Madia Leva e a Liga Nacional de Billarda organizan o II Aberto de Billarda 'Cidade de Lugo, memorial Henriqueta Otero'. Os equipos do Madia Leva e da Liga Nacional de Billarda continúan a súa firme alianza con este novo Aberto de Billarda que se celebrará no domingo 19 de Abril ás 16,30h na pista de futbol de salón de Frigsa.

O campión ou campiona do Aberto levará o tan prezado “lacón da LNB”. Tamén haberá un espectacular "Concurso de Tripas" para homenaxear a Henriqueta Otero, mestra republicana perseguida polo réxime franquista e detida a moi poucos metros de onde terá lugar o encontro. Están convidados todos os palanadores e palanadoras da Terra Chá e da Cidade de Lugo. Mesmo, a Liga de Billarda do Norleste vai poñer un autocarro que sairá de Ribadeo ás 14,30 h e irá recollendo á xente.

A Asociación O Varal de Barreiros é a promotora e coordenadora da Liga Nacional de Billarda que xa conta con tres Coferencias regulares a Norleste, a Noroeste e a Sur. A Liga Nacional de Billarda leva anos competindo, regulando e dando exemplo de como se pode crear unha competición de alto nivel cun deporte tradicional galego.

O día anterior do Aberto, O Som do Galpom presentará o seu segundo disco "Em terra de ninguém" que sairá editado por Falcatruada.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >