Advertisement
Puntogal
Vivenda e Solo subvenciona a construcción de vivendas no campo de refuxiados de Tifariti PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 5
MaloBon 
Escrito por Administrator   
jueves, 26 de marzo de 2009

Sahara
Sahara, campo de refuxiados
Esta actuación -desenvolvida en colaboración coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS)- inclúe a construción de redes de auga, electricidade e sumidoiros, e habilitación de espazos públicos verdes e de lecer A Consellería ten investido ata o de agora en cooperación exterior un total de 1.293.385 € para a construción ou rehabilitación de 324 vivendas Santiago de Compostela, 26 marzo 2009.-A Consellería de Vivenda e Solo aporta 250.000 € para a construción de 22 vivendas no campo de refuxiados de Tifariti –barrio da Solidariedade- no Sahara Occidental. O Consello da Xunta autorizou na súa xuntanza de hoxe a sinatura dun convenio de colaboración entre este Departamento autonómico e a Asociación Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) para o desenvolvemento deste proxecto.

Esta actuación consistirá na construción de 22 vivendas ademais das correspondentes redes de abastecemento de auga e electricidade, rede de sumidoiros e asfaltado de estradas. Tamén se acondicionarán espazos públicos de lecer e zonas verdes para disfrute de toda a poboación.
O obxectivo é mellorar as condicións de habitabilidade da poboación refuxiada e a súa saúde, ademais de fomentar a formación da poboación local en actividades de construción e mantemento das infraestruturas construídas. De feito, as propias familias participarán no deseño das súas vivendas e na disposición das veciñanzas e espazos públicos. As obras de levantamento das estruturas das vivendas serán feitas por contratistas cualificados, pero serán de novo as propias familias beneficiarias as que levarán a cabo a finalización das súas vivendas.
A selección da poboación saharaui que habitará estas 22 vivendas farase en función das necesidades das mesmas e da súa proximidade ao lugar de construción. Esta actuación deberá estar rematada a 31 de decembro de 2009.


1,3 millón de euros en cooperación exterior

Ademais da aportación que aprobou hoxe o Consello da Xunta -250.000 €-, a Consellería de Vivenda e Solo dedicou en anos anteriores un total de 1.043.385 € a actuacións de cooperación exterior en materia de vivenda, o que suma un total de 1.293.385 €. Este investimento permitiu a construción ou rehabilitación de 322 vivendas no norte de África e Sudamérica.

En concreto, este Departamento autonómico participou na rehabilitación integral do Campo de refuxiados palestinos de Neirab, en Siria, o que supuxo a reconstrución das vivendas de nove familias –aproximadamente 46 persoas- para adecualas aos estándares de habitabilidade, así como na rehabilitación de 16 vivendas situadas nos campos de refuxiados de Palestina, en concreto en Jalazone e Amari.

En Sudamérica, a Consellería de Vivenda e Solo participou na recuperación de 153 vivendas devastadas polos furacáns Gustav e Ike na provincia de Pinar del Río en Cuba. En Montevideo (Uruguai) financiou a construción de 64 vivendas nos asentamentos de “La Vereda” e “Pasos de las Duranas”, mentres que en Nicaragua participou na construción de 60 vivendas no municipio de Totogalpa, departamento de Madriz.

O obxectivo dos proxectos financiados pola Consellería de Vivenda e Solo é a construción e rehabilitación de vivendas  en zonas afectadas por catástrofes naturais, guerras, desprazamentos de poboación, campamentos de refuxiados ou áreas afectadas pola pobreza extrema.

O Departamento autonómico, dispuxo nas súas competencias dunha área de cooperación exterior desde o ano 2005, para fomentar o dereito básico e fundamental das persoas a acceder a unha vivenda digna, dereito recollido na Declaración Internacional de Dereitos Humanos da ONU. Os programas leváronse a cabo a través de convenios de colaboración con entidades que teñen unha longa experiencia neste ámbito como o Fondo Galego de Cooperación, a Asociación Galega co Pobo Saharaui, a Asociación de Arquitectos sen Fronteiras, e a Intendencia de Montevideo.

 

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >