Advertisement
Puntogal
Varela di que o voto emigrante "consolida" o resultado do PsdeG no 05 e deixa o do PP moi axustado PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
martes, 10 de marzo de 2009
Ricardo Varela
Ricardo Varela
Redacción

O presidente da comisión xestora do PsdeG, Ricardo Varela, salientou que, despois do reconto do voto emigrante, os socialistas "consolidan o resultado de hai catro anos”, tras confirmarse as expectativas no reconto e ter logrado os mesmos escanos que no 2005: 25. "Isto pon de manifesto a fortaleza dun partido arraigado en Galicia e con vocación de seguir servindo ás galegas e aos galegos", subliñou.

 

Varela salientou a fortaleza do PsdeG e a súa unión "para o futuro", polo que se demostra, segundo sinalou, "que o partido está preparado para asumir esta nova etapa". Ademais, lembrou que os socialistas gobernan en máis de 100 concellos, teñen máis de 1.100 concelleiras e forman parte do goberno de dúas deputacións provinciais.

 

Na súa opinión, os datos do reconto do voto exterior "avalían que faremos unha oposición responsable, útil e esixente, co obxectivo de obter unha ampla maioría social dentro de catro anos". Tamén incidiu en que o PPdeG obtén así un "resultado axustado", que o obrigará "a gobernar sen prepotencia e sen exclusións, respectando a metade de Galicia que non os votou”.

 

Así mesmo, Ricardo Varela reiterou que "a emigración referenda as políticas dos gobernos socialistas" e que, "pese aos obstáculos do PP e a pedimento de nova documentación", as candidaturas dos socialistas galegos "volven a triunfar non voto CERA".

Trackback(0)
Comentarios (1)Add Comment
0
Por culpa do BNG a esquerda perdeu
escrito por Oscar Martínez , marzo 10, 2009
Resulta triste que o PP goberne por 1 deputado. Por culpa do BNG, que perdeu 1 deputado, a esquerda non gobernará en Galicia.

Quintana, qué esperas para dimitir????????
abuso de envío
vota abaixo
vota arriba
Votos: +1

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >