|
BNG presenta unha proposición para elaborar un plan de infraestruturas ferroviarias de proximidades |
|
|
|
|
martes, 15 de junio de 2010 |
 Francisco Jorquera O voceiro do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, rexistrou unha proposición non de lei na Cámara en que insta o Goberno a elaborar un plan de infraestruturas ferroviarias de proximidades para Galicia. O deputado empraza ademais ó Executivo a que este plan contemple o mantemento e recuperación da continuidade funcional da liña de ferrocarril convencional do corredor atlántico para implantar os servizos de proximidade.
Para tal fin, Jorquera pide ao Goberno que se contempla unha dotación económica para tal actuación nos próximos orzamentos xerais do Estado para 2011. O voceiro nacionalista pon de manifesto que Galicia é das poucas comunidades que carece de proximidades e sinala que a entrada en funcionamento da Ave nos próximos anos deixará en desuso ou infrautilizadas vellas vías que se poderían dedicar a estes servizos. O nacionalista lembra que o Congreso aprobou unha iniciativa para negociar coa Xunta o traspaso de infraestruturas ferroviarias que queden fóra de servizo coa apertura de novos trazados.
Trackback(0)
|