|
Investiranse 3,5 millóns de euros na mellora da Cidade Histórica |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
viernes, 06 de marzo de 2009 |
 Rúa Nova en Compostela Belén Real/COMPOSTELAO Consello da Xunta autorizou a sinatura do convenio entre a Consellería de Vivenda e Solo, dirixida por Teresa Táboas e a Concellaría de Rehabilitación e Cidade Histórica de Santiago, que dirixe Olga Pedreira, para a reurbanización do espazo público en tres áreas da Cidade Vella de Compostela. Esta actuación, que suporá un investimento de 3,5 millóns de euros por parte da Consellería de Vivenda e Solo, fora acordada nunha xuntanza mantida o pasado ano entre Táboas e Pedreira.
A concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, a nacionalista Olga Pedreira, amosouse "moi satisfeita con esta nova" xa que é obxectivo do seu departamento "apostar pola reurbanización e renovación dos espazos públicos, por tratarse do lugar no que descorren as relacións sociais e colectivas", e traballar "pola creación de espazos públicos de calidade para a revitalización social e económica dos barrios". As zonas que serán obxecto de reurbanización e mellora son as rúas Raxoi e San Clemente ata Trinidade; o cruce do Campo das Hortas no ámbito do Cruceiro do Gaio; a Calzada de San Pedro, a Calzada de Santo Antonio e a rúa do Espírito Santo. O obxectivo destas actuacións é a recuperación do patrimonio arquitectónico a través da rehabilitación, revitalización e posta en valor dos espazos urbanos e a creación de novos lugares de encontro e lecer para os cidadáns. En concreto, as obras consistirán na racionalización do trazado das rúas e espazos abertos, facilitar o tránsito e continuidade peonil resolvendo os problemas de accesibilidade, renovación completa das instalacións de abastecemento e saneamento, así como o punto de recollida de residuos sólidos urbanos.
Trackback(0)
|